Conferencia de Miguel Sebastián

 
Conferencia de Miguel Sebastián nas Xornadas Abertas de Teoloxía de Lugo
 
Se quen pide a eutanasia deixa de sufrir, xa non a pediría. Algo que si está pedindo é solidariedade, cercanía. Polo tanto, o ideal é que vexa que o mal da enfermidade encerra un ben máis grande: pódese vivir esa mala situación en comuñón con Cristo, é unha ocasión para que creza o amor dos que rodean ao enfermo.

A malicia moral da eutanasia está en que se rexeita o amor a si mesmo e vaise contra a xustiza e a caridade cos demais (quito de enmedio os dons que a través de Deus dá a outros a través da miña persoa).

Un non pode darse a vida a si mesmo, non podemos poñernos no lugar de Deus. Se algún científico quixese ter poder de dar vida, tamén tería que cargar cunha gran responsabilidade, a que si asume Deus.

De ver a vida como algo sagrado pasouse a vela como algo con maior ou menor calidade. Esta aplícase ás cousas e aos procedementos, non as persoas. Si podemos falar de condicións de vida e son boas cando unha persoa é alguén para alguén.

Canto vale unha persoa? O que a súa presenza provoca en Xesucristo, no seu amor pola humanidade.

Que é a saúde?: un estado no que a persoa ten o mellor nivel posible para desenvolver o seu proxecto vital.

Dor: axuda da natureza para avisar que algo non funciona.

Función da Medicina: prestar axuda, non só polos coñecementos médicos do experto, senón dando unha resposta humana.

Información ao paciente: Como o paciente é quen debe ter a derradeira decisión, ao ser el o dono da súa enfermidade. E a decisión tomarase tras ser debidamente informado, nun clima humano.

[Bajar la Conferencia de Miguel Sebastián]

D. Alfonso Carrasco, tres anos ao fronte da Diocese

Con motivo de cumprir tres anos como Bispo, D. Alfonso Carrasco mantivo unha charla informal coa directora e colaboradores do programa radiofónico “Igrexa en Lugo”. Eses anos servíronlle para sentirse orgulloso da Diocese. En relación con outras, e mirando cifras, a de Lugo pode parecer que non é grande, pero resultar ser unha Diocese variada, polifacética.
Tamén é para estar orgullosos da Catedral, na que hai un espírito moi singular (recollemento…), que non se atopa noutros lugares. A exposición do Santísimo cámbiao todo.
Para o señor Bispo, ante un sacerdote maior, en principio podería sentir preocupación, pero hai alegría.
É importante tamén o feito de que na Diocese colaboran moitísimas persoas.
A Diocese de Lugo é unha realidade moi viva, en movemento e transformación constante. Moitas persoas con problemas e virtudes. Responder como Bispo ao que a realidade esixe, xa é moito.
Estas foron algunhas das ideas de D. Alfonso Carrasco sobre a Diocese, que puideron escoitar os oíntes de “Igrexa en Lugo”.

A %d blogueros les gusta esto: