Conferencia de Francisco Serrano

[Conferencia de Francisco Serrano – Fragmento en video]

 

 O día 8 de abril,  José Francisco Serrano Oceja pronunciou en Lugo unha conferencia titulada: “Cultura y comunicación: la sociedad del espectáculo”. Serrano é decano de Periodismo  da Universidad CEU San Pablo, Secretariado de Relacións cos Movementos da Asociación Católica de Propagandistas. Foi invitado a vir a Lugo pola Xunta de Confradías da Semana Santa, dentro del ciclo de conferencias “Occidente ante el século XXI”.

A conferencia iniciouse constatando que hoxe circula a seguinte afirmación: o ser humano volveuse problemático. A cuestión do ser humano é tamén unha cuestión de Deus e negar a Deus é negar ó ser humano.

 Tamén se constatou durante a conferencia que a ruptura entre fe e cultura é un drama do noso tempo. E na cultura inclúense os referentes que ten a xente, referentes que veñen en gran parte da comunicación. Pero na actualidade, non é favorable a Deus a comunicación. Esta busca sobre todo o beneficio económico e responde ás necesidades estruturais do sistema, da política.

 Ante todo isto, o conferenciante expuxo algo do que achega o cristianismo: facer non só un exercicio de fe senón tamén de razón. A resposta cristiá é dobre, pois é educativa (actuar no ámbito da comunicación é traballar o aspecto educativo) e espiritual (frecuente trato con Deus, aceptando a súa vontade).

 Finalmente, destacar da conferencia de José Francisco Serrano a idea de que o exercicio da coherencia nas nosas vidas é a maneira de dar resposta ás grandes cuestións (quen son, de onde veño, onde vou).

Novidade bibliográfica de D. Jaime Delgado

Co título Hojas volanderas “científico-periodísticas” sobre Vivero, ahora ya fijas en un libro, D. Jaime Delgado ofrécenos unha serie de colaboracións aparecidas no semanario Heraldo de Vivero e outras publicacións. En primeiro lugar, detalla as características do coro de estilo ecléctico situado na ábside da igrexa de San Francisco de Viveiro. E concreto, escenas da vida de San Francisco de Asís e outros (San Francisco Blanco, Sebastián de Aparicio…) e motivos xacobeos.

Nunha segunda parte, D. Jaime Delgado fai unha historia dos baptisterios e estuda a pía bautismal de Santa María de Viveiro, “unha das poucas pías lucenses que ofrecen temas simbólico-doctrinais”.

A terceira parte adícase ós seguintes temas:

– símbolos predecesores da cruz: tau, peixe, crismón;

– as representacións cristiás da crucifixión entre os séculos III e VI;

influencia das actitudes teocéntrica e antropocéntrica na representación de Cristo.

Finalmente, o novo libro de D. Jaime Delgado presenta un estudo do retablo barroco da igrexa de Santa María de Xerdiz.

Mans Unidas Lugo organiza o concerto “Música solidaria”

O día 10 de abril, ás oito da tarde, terá lugar o concerto “Música solidaria”. Será no Círculo das Artes, onde actuarán a Banda Sinfónica Cidade de Lugo, na súa primeira aparición pública, e a Coral Polifónica Xeral-Calde, dirixida por Fernando G. Jácome.

Os impulsores da iniciativa musical son Armando Morales, director da Escola Municipal de Música de Rábade, o profesor de percusión Efraím Díaz e o profesor de trompeta Adrián Lage. O director da Banda Municipal de Música de Lugo, Rosendo Ivorra, abrirá o concerto e despois cederá a batuta ao director invitado, Norman Milanés.

Os músicos participantes teñen unha formación académica importante. Entre eles hai profesores de conservatorios e escolas privadas e públicas, así como destacados alumnos. En total participarán uns corenta músicos de toda a provincia de Lugo e unha trintena de membros da Coral. Intervirá como solista o trompetista americano de orixe xaponesa John Aigi.

Neste primeiro concerto da Banda Sinfónica Cidade de Lugo realizarase un percorrido pola música de América: jazz estadounidense, ritmos mexicanos, cubanos e brasileiros. Tamén se tocarán clásicos (Entroido de Venecia) e pezas galegas (Soutullo, Xoán Montes).

As entradas (5 €) poden recollerse na Delegación de Mans Unidas na rúa da Cruz (nº 1-B, 1º) luns, mércores e venres de 11 a 13 horas e martes e xoves de 17:30 a 19:30 horas.

Peregrinación ao sepulcro de Luis de Trelles

O Consello Diocesano de Lugo de Adoración Nocturna organiza un desprazamento a Zamora cun dobre motivo: a peregrinación anual ao sepulcro do fundador na catedral zamorana e o 125 aniversario da fundación daquela sección diocesana. A organización deste desprazamento será como segue:

Saída de Lugo ás nove da mañá do día 9, desde a zona da Mosqueira (Ronda da Muralla), facendo unha parada fronte a Sindicatos e outra na Fonte dos Ranchos.

Parada no percorrido para almorzar.

Ás 14,30 horas, comida en Zamora.

Ás 17,00 horas, reunión do Padroado Luís de Trelles.

Ás 18,00 horas, mesa redonda sobre “D. Luís de Trelles e a Sección de Zamora”

Ás 19,30 horas, Vixilia Conmemorativa do 125 aniversario e regreso a Lugo.

O autobús págao o Consello e a comida e cea correrán a cargo dos peregrinos.

Os adoradores, familiares e amigos interesados neste desprazamento e que aínda non estean inscritos, poden facelo en moi breve prazo de días, chamando aos teléfonos 982 248 015 (Sr. Ginel) ou 982 244 376 (Sr. Pena).

Acto informativo dos Equipos de Nosa Señora

Os Equipos de matrimonios de Nosa Señora (ENS) convocan un acto informativo para dar a coñecer o que son e de cal é a súa misión

Será o 9 de abril ás sete da tarde nos locais diocesanos da rúa da Cruz (baixo do portal 1-B) en Lugo.

Animáse a asistir a todos os matrimonios con algunha inquietude espiritual por vivir a vosa vida matrimonial á luz do Evanxeo e poñer os dons propios ao servizo dos demais.

A %d blogueros les gusta esto: