Homenaxe a D. Manuel Blanco Cortizo

 As parroquias Santa María Madanela de Adai e San Miguel de Orbazai homenaxean ao seu párroco, D. Manuel Blanco Cortizo o domingo día 16 de outubro. Durante a homenaxe celebrarase ás 12 unha Eucaristía presidida polo señor Bispo da Diocese e os fregueses das dúas parroquias entregaranlle unha placa ao homenaxeado.

Actos en torno á canonización de Bonifacia Rodríguez

Bonifacia Rodríguez Castro é a fundadora das Servas de San Xosé.

O día 14 de outubro haberá unha Vixilia de Oración na Parroquia da Nova ás 20:30 horas.

A canonización en Roma de Bonifacia Rodríguez será o 23 de outubro de 2011. Irá unha representación de Servas de San Xosé, Laicos, profesores, pais e alumnos do colexio San Xosé.

Hai un libro “Once miradas sobre una mujer trabajadora” no que se fai unha aproximación á vida de Bonifacia Rodríguez, muller bondadosa, traballadora e controvertida no seu tempo. Entre os variados artículos que miran á protagonista desde distintos ángulos está un de Gerardo Castedo. Este coñecido comerciante lucense é un laico xosefino, comprometido na vivencia laical do proxecto de vida de Bonifacia para as Servas de San Xosé. Gerardo Castedo participou na elaboración do libro co capítulo “Proyecto de vida de Bonifacia y Laicos josefinos. Una experiencia”, onde narra a súa experiencia de encontro con Bonifacia e a súa colaboración coa Congregación.

Inauguración do curso catequético

O día 7 de outubro é a xornada de inauguración do curso catequético. Neste curso preténdese favorecer a formación de catequistas, así como seguir avanzando nos pasos xa promovidos o curso pasado, como son:

– A coordinación e a concentración da catequese nas zonas.

– O coidado da catequese de infancia favorecendo a súa continuidade despois da Primeira Comunión, preparándose para a Confirmación.

– Potenciar a dimensión litúrxica da catequese e animar aos nenos a participar na Eucaristía dominical, xunto cos seus país.

– Coidar a catequese de adolescentes e mozos así como animar a súa continuidade e implicación na Igrexa.

– Favorecer a formación de adultos.

 

Celébranse os seguintes actos no Seminario Diocesano:

18,30h Acollida – oración

19h Presentación do curso catequético 2011-2012:

Obxetivos, materiais, criterios, actividades…

Ultreia Diocesana

O domingo 2 de outubro a partir das 10:30 da mañá na Casa Diocesana. Tras iniciar a Ultreia cun salmo, o catedrático do campus lucense, Manuel Gómez Díaz, encárgase dun relatorio. A continuación haberá unha posta en común. Tamén se celebrará unha Eucaristía. E despois dunha comida de confraternidade, concluirá a Ultreia cun acto mariano.

A Ultreia axuda aos que fixeron Cursiños de Cristiandade na súa perseveranza e promoción cristiá, así como a súa formación continua. Crea conciencia de Igrexa nos grupos achegando medios para cambiar os ambientes.

A %d blogueros les gusta esto: