Vixilia Xeral de Defuntos da Adoración Nocturna

Na noite do 1 ao 2 do mes de novembro terá lugar a tradicional e regulamentaria Vixilia Xeral de Defuntos, que a Adoración Nocturna ofrece anualmente polo eterno descanso dos adoradores que pertenceron á Sección de Lugo, especialmente os falecidos no último ano, e pola alma dos familiares dos asistentes a este acto. Dará comezo na Catedral ás nove da noite.

Visita pastoral á parroquia de San Antonio de Padua de Lugo

A visita comeza o día 23 ás 11:45 coa recepción do señor Bispo e ás 12 h, Misa Estacional.

O día 24 ás 18 horas hai unha celebración da Eucaristía en Santiago de Saamasas.

O día 26 o encontro é cos distintos movementos (Lexión de María, Vida Ascendente, grupo de Liturxia, catequistas, voluntarios de Cáritas parroquial).

Durante estes días fará o señor Bispo visitas a enfermos e manterá encontros con distintas comunidades relixiosas que están na parroquia de San Antonio de Padua.

Xornadas sobre ensinanza relixiosa escolar e escola 2.0

A Sección de Formación do Profesorado de Relixión Católica de Galicia do Instituto Teolóxico Compostelán e a Vicaría de Ensino da Diocese de Lugo convocan o curso titulado Ensinanza Relixiosa Escolar e Escola 2.0. O relator principal é Pablo Muñoz, da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo.

O día 21 de outubro de 2011 (venres) inícianse as xornadas ás 18 horas cunha acollida e presentación no IES Leiras Pulpeiro. A partir das 18’15 horas haberá dúas conferencias:

  • A nova ensinanza no século XX: a escola
  • A ensinanza da Relixión Católica e as novas tecnoloxías

O día 22 de outubro hai dúas conferencias pola mañá: Novas maneiras de ensinar: os blogs e as redes sociais e A técnica e a ética na ensinanza actual. Pola tarde, hai obradoiros sobre didácticas para Infantil Primaria, Secundaria e Bacharelato

Valoración en horas: Fase formativa: 11 horas. Fase de avaliación: 1 hora

Destinatarias: 120 profesores de Relixión Católica

Coordinadores: D. Juan José Capeáns Pazos e D. Enrique Luis Sánchez Arias.

Custo da matrícula: Sen custo.

Acto de clausura das vodas de prata da Hospitalidade de Lourdes

O acto de clausura terá lugar o dia vinte (20) de outubro (xoves), no Salón Rexio do Círculo das Artes, co seguinte programa de actos:

Ás 11: Acollida e recepción dos participantes.

Ás 11,15: Proxección dun DVD dos 25 anos da Hospitalidade.

Ás 12,00: Conferencia de don Manuel Sánchez Monge, Bispo de Mondoñedo: “A Virxe e a Eucaristía”

Ás 13,00: Misa na Igrexa da Nova, presidida polo Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco e concelebrada por todos os sacerdotes participantes, peregrinos de Lourdes…

Ás 14,30: Comida de fraternidade.

De novo no Círculo das Artes:

Ás 16, 30: Obra de teatro, a cargo do Grupo de Teatro da Hospitalidade.

Ás 17,00: Sesión de ilusionismo, a cargo de D. Xosé Manuel Carballo.

Ás 17,30: Anuncio das actividades do curso 2011-12:  as reunións nas diversas zonas; a Asemblea – Convivencia, o día 11 de febreiro; o retiro-convivencia o 20 de abril; a PEREGRINACIÓN A LOURDES DO 26 ao 30 de xuño de 2012.

17,50: Clausura, por parte do sr. Bispo, deste acto das vodas de prata.


COLABORAN NA CLAUSURA:

Círculo das Artes, Parroquia da Nova, bispos de Mondoñedo-Ferrol e Lugo; Grupo de Teatro da Hospitalidade; Xosé Manuel Carballo; responsables de zonas da Hospitalidade; Voluntarios da Hospitalidade….

A %d blogueros les gusta esto: