O 11 de xaneiro, ás 19 horas hai unha reunión sobre Doutrina Social da Igrexa na rúa da Cruz, 3, 1º. O tema a tratar este mes de xaneiro será a conciencia humana, as realidades que inflúen nela e como formala. Encárgase da charla Antón Negro, Delegado de Acción Caritativa e Social.
Eucaristía do Apostolado Mundial de Fátima
O Apostolado Mundial de Fátima, celebra todos os primeiros sábados de mes un rosario e Eucaristía. Será nas MM. Agostiñas de Lugo ás sete menos cuarto da tarde do día 7.
Exercicios espirituais e retiros para sacerdotes
Entre os días 8 e 13 organízanse exercicios espirituais para sacerdotes da Diocese de Lugo. Están dirixidos por Monseñor Carlos Amigo.
O día 11 hai retiro en Ferreira de Pantón – Monforte, Quiroga – Courel e Bóveda. E o día 13 será en Melide e A Fonsagrada.
Vixilia de fin de ano da Adoración Nocturna
O venres 30 de decembro, de 9 a 10 da noite, será a Vixilia de fin de ano da Adoración Nocturna. Na Catedral de Lugo celébrase unha Eucaristía de acción de grazas polos beneficios recibido durante o ano. Tamén se pedirá axuda e fortaleza para seguir adorando pola noite a Cristo en representación de toda a Igrexa.
Falecemento do sacerdote D. José García González
D. José García González, sacerdote de Lalín, faleceu o pasado día 28. O funeral é o día 29 ás 5 da tarde en Méixome, onde nacera o 23/12/1925. Levaba as parroquias de Sello (Santiago) e Palmou (San Xoán). Tamén se encargara das parroquias de Bermés, Vale, Senra, Asperelo, Riobóo, Río e Camba.