Xornada Mundial da Vida Consagrada

O día 2 de febrerio celébrase a Xornada Mundial da Vida Consagrada na Catedral cunha Eucaristía ás 20 h. presidida polo Bispo.

Monseñor Carrasco Rouco tamén fixo pública unha carta pastoral sobre o tema à que se pode acceder desde a páxina principal desta mesma web. E nela fai referencia ao lema desta xornada: “Ven e sígueme. Vida consagrada e nova evanxelización”

Publícase o catálogo da exposición “Hoc Hic Mysterium. O esplendor da presenza”

Está a venda o catálogo da exposición temporal que se pode ver na capela do Pilar da Catedral lucense.

Nas 120 páxinas do catálogo faise unha reseña moi detallada e documentada de cada obra de arte. Son pezas escollidas e moi valiosas de coleccións privadas ou que están xa na Catedral pero agora poden verse con máis proximidade e acceso a detalles.

Na elaboración das pezas buscouse a excelencia nos materiais e a mestría técnica dos artistas, en canto que cálices, copóns, custodia… están destinados a conter o Corpo de Cristo.

Son obras representativas do esplendor do culto en Lugo e do mellor do patrimonio da Diocese. E todo este exepcional conxunto de obras de arte débese á xenerosa devoción de bispos e fieis. Cos seus xestos, o Esplendor da Presenza transfórmase en Arte.

A exposición Exposición “Hoc Hic Mysterium” O esplendor da presenza está organizada polo Lucense Eucharisticum Centrum e patrocinada pola Deputación de Lugo. Os comisarios e redactores do catálogo son César Carnero e Carolina Casal.



D. Alfonso Carrasco Rouco presenta a Xornada de Formación para Servicios Relixiosos hospitalarios

Cada ano xúntanse en Santiago os capeláns de hospitais e residencias e persoas colaboradoras coa idea de ter un tempo para compartir e formarse. No ano 2012 é o 30 de xaneiro, na casa de exercicios de Santiago (zona campus sur).

O Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, responsable da pastoral da saúde de Galicia, fará a presentación da Xornada.

Tamén estará D. Rudesindo Delgado, sacerdote, delegado de pastoral da saúde, e consiliario de PROSAC. Falará da Dimensión sanante dos sacramentos, especialmente da Unción dos enfermos.

A %d blogueros les gusta esto: