Antón Negro: Como formar correctamente a conciencia cristiá?

Para unha persoa de conciencia cristiá o centro da súa conciencia deben ocupalo Cristo e os pobres; a eles ten que responde-la súa vida.

Partindo deste núcleo central, Cristo e os pobres, a formación da conciencia cristiá na Igrexa ten estes catro eixos:

1) A persoa humana. ser libre e solidario, imaxe e semellanza de Deus, valor sagrado para nos.

2) A Palabra de Deus, a Sagrada Escritura proclamada na asemblea e na historia, e, especialmente, o Mandamento Novo.

3) A eclesialidade, a Igrexa como comunidade que se evanxeliza e evanxeliza, que é Corpo de Cristo e Sacramento de Salvación para o Mundo. Tomás Malagón afirmaba que facer Igrexa é a mellor forma de facer sociedade.

4) A historia (democracia, política, economía, sindicalismo, ciencia, cultura…) como presenza salvífica de Deus e historia de Salvación. o que o Concilio chama os Signos dos Tempos. Responder a isto é o obxectivo das encíclicas, especialmente as sociais.

Dos catro non se pode suprimir ou minusvalorar ningún deles, anque haxa  épocas concretas nas que sexa necesario resaltar especialmente algún deles.

A responsabilidade persoal é realiza-lo Reino e a súa xustiza.

Que sucede se só priorizamos algún destes eixos?

– Se absolutizámo-la Sagrada Escritura teriamos unha relixión do libro, unha

lectura fundamentalista da Biblia e perderiamos ó Deus que se manifesta na

Historia, na Persoa e na Comunidade.

A Palabra de Deus dános as claves de discernimento para escoltar a Deus hoxe. (Non se trata de facer unha arqueoloxía bíblica, anque isto ten a súa importancia).

– Se so nos remitimos á experiencia persoal, temos a validación de todo tipo de alucinacións ou esquizofrenias coma fonte de espiritualidad e, ou fundadores de relixións e sectas.

– Se nos centramos na persoa e na Sagrada Escritura con exclusividade, levaríanos ó individualismo relixioso (protestantismo), á concepción cristiá que é respaldo relixioso do capitalismo.

– Se o que tomamos en exclusiva é a Igrexa e a Sagrada Escritura imos facilmente facer teocracias. Igrexa pechada -unha cultura semita, alonxada da problemática actual e ahistórica.

– Se a prioridade a leva a historia, témo-lo secularismo relixioso, o supeditarnos as modas, pois hai que ir cos tempos e pérdese o sentido profético de cara á sociedade (so quedaría o ir contra a xerarquía como única dimensión profética, que tanto se da en certos progresismos).

– Se a prioridade absoluta a ten a Igrexa, estaremos nunha Igrexa de normas. de disciplina, de estructura e poder, ‘sociedade perfecta”, de ritos. etc. (sociedade eclesiástica, piramidal)…

Segundo isto, que diriamos dos diversos grupos eclesiais que coñecemos? Como xulgariamos as diversas catequeses recibidas?

Poderiamos explicitar algo máis os catro eixos na formación da conciencia cristiá ou engadir un apartado sobre actitudes concretas na formación da conciencia, pero pode chegar con que teñamos moi presente a Mt. 25. 34 ss: “Vinde, benditos de meu Pai… “

Antón Negro

Dez anos da morte de Antón Gandoy

Era un home moi entregado, moi traballador. Estaba coa súa bicicleta e non vivía máis que para os demais”.

José Sampayo

 

Viviu nas coordenadas dos dous piares que Xesús deixou no Evanxeo: plena confianza en Deus e… entrega aos demais”.

Xesús Mato

 

Atopou na lectura do Evanxeo o camiño da utopía realizable e irrenunciable”

Juan Antonio Pinto Antón

 

Para Antón Gandoy, o irmán próximo non era unha entelequia senón alguén de carne e óso que acudía a el en busca de remedio, que tantas vexes puxo gozosamente nas súas mans”

Martín Balboa

 

Un cura grande que pesaba máis de cen quilogramos de humanidade, sentido común e capacidade de prospectiva: Antonio Gandoy”

Celia Armesto Rodriguez

 

Antonio Gandoy coñecía moi ben o rural galego, e sabía as dificultades dos nenos e de súas nais para a escolarización, imposible en centros para os nenos máis pequenos, e inventou este singular sistema que permite que os nenos reciban formación axeitada nos seus primeiros anos de vida, a través de súas nais, nas mesmas casas, con xuntanzas formativas e visitas aos domicilios de especialistas na materia”.

Editorial de Galiciadixital, 23 – XI – 2011

 

Tiña tenacidade e constancia, estaba moi cercano ao mundo rural galego e especialmente ao mundo dos nenos”.

Juan Puchades, autor da escultura de Antón Gandoy, na praza lucense do seu nome.

 

Xeneroso sen límites, chegaba a entregar aos necesitados recursos propios, privándose en moitas ocasións do que para si precisaba”

Alejandro Fernández Pumariño

Campaña contra a fame de Mans Unidas

O venres 10 de febreiro hai unha Eucaristía ás 18:30 na igrexa de San Francisco Xavier de Lugo. A continuación, será o “Café solidario” nunha cafetería próxima.

Mans Unidas de Lugo colabora no financiamento de dous proxectos en África. Un en Nixeria, de microcréditos, co que se beneficiarán unhas 2500 mulleres de comunidades agrícolas. E outro proxecto en Níxer de construción de cinco pozos no medio rural, para mellorar a vida de 7.500 persoas.

 

O 12 de febrero é a colecta nos templos da Campaña contra a Fame no Mundo. O recadado o ano pasado na Diocese de Lugo foron 32.519,50 euros.

Visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier

O Bispo realiza durante a terceira semana de febreiro a visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier. Polas mañás, do luns ao xoves, estará nos colexios do barrio. Na tarde do luns manterá un encontro co Consello de Pastoral e de Economía. Ao día seguinte reuniráse cos membros da Lexión de María. O mércores, D. Alfonso Carrasco Rouco estará con catequistas, a comunidade salesiana e no Centro de S. Vicente de Paúl. O día 19 irá a San Fiz. Tamén adicará un día á visita de enfermos e outro para estar cos rapaces de Confirmación.

A %d blogueros les gusta esto: