Retiro da curia diocesana

O retiro, no Mosteiro de Samos o día 25 de febreiro, é para o equipo pastoral diocesano, Vicarios, Delegados Episcopais, Curia, Arciprestes. Participa o Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco e dirixe o retiro o Sr. Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio.

Exercicios espirituais para Movementos e asociacións de Apostolado Segrar

Exercicios espirituais para Movementos e Asociacións de Apostolado Segrar; laicos non asociados, matrimonios, mozos, universitarios, profesores de relixión e todo cristián laico que busque atoparse con Deus. Están organizados polas Delegacións Diocesanas de Apostolado Segrar e de Pastoral Universitaria.

Serán en dous lugares, os seguintes días:

Días 2 (tarde), 3 e 4 de marzo no Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Días (9 tarde), 10 e 11 de marzo na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo

Os exercicios que se celebrarán no Mosteiro de Sobrado dos Monxes estarán dirixidos polo Padre Prior D. Carlos Cuartango, e os da Casa Diocesana por D. Andrés Pérez Díaz, Vigairo Xudicial da Diocese de Oviedo.

Para máis información, contactar coas delegacións mencionadas.

O esplendor da Diocese de Lugo

[JOSÉ MANUEL CASTRO ALBA]

Baixo o título “O esplendor da presenza” o pasado 3 de decembro abríase na capela do Pilar da Catedral de Lugo unha exposición onde se poden contemplar pezas de relevo
conservadas neste templo e outras recollidas en igrexas parroquiais. Destaca por riba de todas a custodia de Sáenz de Buruaga, testigo da devoción eucarística dos lucenses ó longo dos séculos, símbolo dun esplendor de fe que perdura no tempo. Recollen tamén este esplendor os escudos da cidade e do reino de Galicia, onde o Santísimo Sacramento era referencia principal. Foi posible contemplar esta pezas de preto polas obras de restauración da basílica lucense, obras que puxeron ó descuberto pinturas barrocas na bóveda do altar maior, calificadas pola prensa como “a capela sixtina lucense”, obra de José de Terán, pintadas no século XVIII.
Tamén recuperou o espendor orixinal a fachada da Catedral, onde a pedra loce de novo tralas labouras de limpeza das que foi obxeto. Estas actuacións permitiron darlle maior relevo a pezas e detalles que antes pasaban desapercibidos. As celeracións dos 50 anos das parroquais de Lugo durante o ano 2011 (San Antonio, A Milagrosa, Albeiros, Sagrado Corazón, e San Francisco Javier) falan tamén dun esplendor e adicación de moitas persoas que viviron a fe cerca dos máis necesitados. Recordáronse ó longo deste ano de celebración ás pesoas que iniciaron a vida parroquial empezando pola construción da mesma igrexa.
O esplendor da vida consagrada reflicte este esplendor da Igrexa ó longo dos tempos, pasando desapercibida de moitos nos seus labores de oracion e axuda ós máis necesitados. Homes e mulleres anónimos que constrúen Igrexa ali onde están. Persoas que transmiten seguridade e paz. Esplendor nas relixiosas que procurar que os famentos teñan o pan de cada día no comedor San Froilán, decenas de voluntarios nas cáritas parroquiais que coñecen as necesidades dos seus veciños e buscan os medios para poder axudarlles. Sacerdotes que gastaron a súa vida alimentando a fe en pobos e parroquias de toda a xeografía diocesana… Este é o verdadeiro esplendor da Diocese de Lugo. As persoas pasan, pero queda a súa obra, o seu recordo. Se os nosos antepasados foron capaces de deixarnos tales expresións de fe, como podemos contemplar na Catedral, e no traballo diario, como quedou reflectido nos distintos actos con relación ós 50 anos das parroquias de Lugo –por citar os acontecementos máis recentes– podémonos preguntar como sería o esplendor desas persoas para aqueles que as coñeceron. Sen dúbida que foron persoas espléndidas.

Folla da caridade

Servizo de Acollida e Atención a Marxinados e Excluídos de Caritas Diocesana de Lugo

ALGUÉN ESPERA A TÚA AXUDA

1. Matrimonio novo, tres fillos ao seu cargo, os ingresos cos que contan proceden da RISGA. Necesitan 460 euros para facer fronte ás súas necesidades básicas.

2. Home de mediana idade, enfermo, sen ningún tipo de ingreso. Necesita 300 euros para subministracións e alimentos.

3. Nai maior, con dous fillos, un deles inválido, a filla está en paro e non cobra prestación; só contan cunha pensión non contributiva do fillo. Necesitan para medicamentos e alimentos 500 euros.

4. Matrimonio de mediana idade, con tres fillos; el enfermo e cobrando unha pensión pequena. Necesitan para alimentos 520 euros.

5. Home só, sen recursos, pendente de cobrar unha RISGA. Necesita para o aluguer e alimentos 475 euros.

A %d blogueros les gusta esto: