Triduo en honor a santa Ángela de la Cruz

  O día tres comeza ás sete da tarde un triduo en honor a Santa Ángela de la Cruz, “Nai dos pobres”. É na capela que as Irmás da Cruz teñen na residencia da rúa Miguel de Cervantes, 55. O primeiro día, a Eucaristía está presidida polo señor bispo, D. Alfonso Carrasco. Os días seguintes, catro e cinco, presidirán, respectivamente, D. Luciano Armas e D. Alfonso Vilariño.

O 5 de novembro é a festividade de Santa Ángela de la Cruz, fundadora da congregación Instituto das Irmás da Compañía da Cruz.

Peregrinación a Terra Santa

  Organizada polo Bispado de Lugo o día 5 de novembro comeza unha peregrinación a Terra Santa (Tiberiades, Caná, Galilea, Nazareth, Monte Carmelo, Monte das Benaventuranzas, Cafarnaum, Mar de Galilea, Primado de Pedro, Monte Tabor, Mar Morto, Xerusalén, Monte das Oliveiras, Belén, Beit Sahur).

Cada día, ata o 12 de novembro, celébrase a Eucaristía nun santuario diferente.

Durante o percorrido por Terra Santa o grupo vai franciscano (Custodia Franciscana) ou sacerdote acompañado de guía local. O guía espiritual é Francisco Castro Miramontes.

Xornadas de Familia organizadas por CONCAPA

  CONCAPA (Confederación Católica Nacional de Pais de Familia e pais de Alumnos) organiza as súas Xornadas de Familia en Lugo baixo o título Educar no consumo.

A partir das 9 da mañá do día 5, no Gran Hotel Lugo impartiranse os relatorios sobre “A educación para o consumo. Situación actual e perspectivas de futuro”, a cargo de Dª María Nava Castro, presidenta do Instituto Galego de Consumo; e “A coordinación familia-escola para educar no consumo”, por D. Celso Currás, ex conselleiro de Educación da Xunta de Galicia.

Ademais, haberá un panel sobre Escola de Familias e unha Mesa Redonda sobre “Educación e Consumo responsable”, na que intervirán diversos expertos.

A %d blogueros les gusta esto: