Día do misioneiro diocesano

Celébrase o sábado 26 na Parroquia San Froilán

Ás 7 da tarde

Mesa redonda cos misioneiros diocesanos que cumpriron as súas vodas de ouro sacerdotais. Son os seguintes:

  • Antonio Onega Pacín (misioneiro en Costa Rica).
  • José Tirso Villasante Pereiro (misioneiro en Bolivia, actualmente está na Diocese).
  • Leopoldo Sanmartín Pazos (misoneiro en Perú, actualmente está na Diocese).
  • Manuel Bodenlle Yañez (misioneiro en República Dominicana).

Ás oito e media da tarde

Vixilia de Pentecostés con homenaxe aos misioneiros.

Actos en torno ao Día do Apostolado Seglar

Con motivo de celebrarse o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar o 27 de maio, a Delegación de Apostolado Seglar organiza os seguintes actos:

O venres 25

Conferencia sobre a familia ás 20h no salón de actos do Seminario Diocesano.

O sábado 26

Ás 7 da tarde

Homenaxe aos misioneiros diocesanos que cumpriron as súas vodas de ouro sacerdotais. Son os seguintes:

  • Antonio Onega Pacín (misioneiro en Costa Rica).
  • José Tirso Villasante Pereiro (misioneiro en Bolivia, actualmente está na Diocese).
  • Leopoldo Sanmartín Pazos (misoneiro en Perú, actualmente está na Diocese).
  • Manuel Bodenlle Yañez (misioneiro en República Dominicana).

E Vixilia de Pentecostés en San Froilán ás 20:30 h.

O domingo 27, Día de Pentecostés

Eucaristía na Catedral presidida polo Bispo ás 13 horas.

Entrega de premios do I Concurso literario “Fundación O Noso Lar”

O 27 de maio ás 17 h. na sede da Fundación O Noso Lar en San Román de Lousada haberá un acto especial, coa lectura dos traballos galardoados cos primeiros premios, e un pequeno festexo, coa intervención de Mini e Mero.

A “Fundación O Noso Lar” pretende fomentar e promocionar a creatividade literaria dos nenos, rapaces e mozos da provincia de Lugo. Presentáronse bastantes traba- llos, co tema do medio rural, e os premiados serán publicados na revista O Noso Lar.

O primeiro premio está dotado con 200 € e segundo premio con 100 €. Námbolos dous casos haberá unha placa conmemorativa. Para a modalidade infantil o xurado tamén concedeu un premio accésit.

Encontro rexional de Vida Ascendente

Máis de 300 persoas chegadas de Tui, Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol… celebran en Lugo o Día Rexional de Vida Ascendente. O día 23 ás 12:30 houbo unha Eucaristía na Catedral presidida polo deán D. Luciano Armas. Cantouse o Himno de Vida Ascendente e houbo unha acción de grazas pola tempada 2011 – 2012. No programa de actos tamén se inclúe unha comida fraternal amenizada pola tuna. E cada asistente leva un detalle como recordo do encontro.

Excursión pola provincia de Ourense organizada pola Confraría da Esperanza

A Confraría Virxe da Esperanza, realizará unha excursión o vindeiro domingo, día 3 de xuño, visitando o Mosteiro de San Pedro de Rocas, os Milagres de Maceda (misa), Allariz (comida) e Celanova. Inscricións na igrexa de Santiago A Nova ou a través do correo electrónico virgen.esperanza.lugo@hotmail.es

 

A %d blogueros les gusta esto: