Novena ao Santísimo na Catedral de Lugo

Iniciouse o pasado sábado e continúa esta semana, durante a cal vai estar presidida a celebración polos bispos de Galicia e de Astorga.

Día 11 LUNS: Mons. Camilo Lorenzo Iglesias, bispo de Astorga.

Tema: A Eucaristía, en comuñón coa Igrexa apostólica.

 

Dia 12, MARTES: Mons. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago.

Tema: Testemuñas do don do Señor.

 

Día 13 MÉRCORES: Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo

Tema: A Eucaristía: plenitude da lei no Amor.

 

Día 14 XOVES : Mons. Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Tema: O amor de Cristo-Eucaristía, fonte de vida e amor do que se sacian todos os homes.

 

Día 15 VENRES: Mons. Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense

Tema: A Eucaristía: don infinito de amor que transcende toda sabedoría humana

 

Día 16 SÁBADO: Vésperas solemnes e Santa Misa as 20.00 Mons. Carrasco Rouco, bispo de Lugo

Tema: A Eucaristía, presenza real do Señor resucitado.

 

Día 17 DOMINGO: D. Luciano Armas Vázquez, deán da Catedral

Tema: A Eucaristía, acción de grazas a Deus.

 

Cada día da novena unha parroquia ou parroquias de Lugo encárganse de preparar algúns aspectos litúrxicos: coros e cantos, monicións, lecturas, preces, monagos…

Presentación dunha edición de documentos recollidos por Ventura Cañizares

Na aula Magna do Seminario Diocesano de Lugo o venres 8 de xuño presentouse a obra Colección Diplomática (569-1463) de Ventura Cañizares del Rey.

Ventura Cañizares foi párroco en Lalín e coengo en Lugo e Santiago. Cando faleceu en 1941 deixou unha excelente colección manuscrita de centos de documentos transcritos que agora editan dous expertos en paleografía e latín: Manuel Rodríguez Sánchez e Óscar González Murado.

O interese desta publicación reside, entre outros, nos seguintes aspectos:

  • gáñase a conservación da documentación orixinal, que non é imprescindible manexar directamente para coñecer o seu contido;
  • facilítase o acceso a uns documentos que ata agora só era posible para investigadores.
  • permite coñecer usos e costumes do pasado con interese non só para historiadores senón tamén para calquera lector.

Na obra aparecen moitos testamentos, compras e vendas… cos correspondentes castigos e anatemas para quen non cumpra o estabelecido. Nalgún documento fálase da pena caldaria, consistente en que o reo, para “saber” se era culpable ou inocente, introducía a man en auga fervendo e máis adiante comprobábase o seu estado. Unha variante da ordalía consistía en que o reo era arroxado a un río.

Na obra que se vén de publicar figuran verdadeiras pezas literarias de elevada inspiración poética: seis invocacións á Virxe e unha ao apóstolo Santiago.

Publicacións Diocese de Lugo continuará editando novos volumes da colección diplomática de Ventura Cañizares.

Celebración do Corpus Christi na praza de Santa María

O día 10 de xuño, Misa Solemne ás 11 na Praza de Santa María. Na celebración e na procesión participan sacerdotes e fieis das parroquias e comunidades da cidade de Lugo. Asisten co seu estandarte e cruz parroquial. Participan tamén nenos e nenas de Primeira Comuñón co traxe da mesma ou co traxe tradicional. Os inmigrantes procesionan baixo a bandeira dos seus países de orixe.

Tamén é o segundo día da novena do Corpus ás 20 h na Catedral predicada por D. Mario Vázquez Carballo, cóengo mestrescola. Tema: A Eucaristía, alianza e comuñón de Deus cos homes.

O primeiro da Novena, o sábado 9, preside Mons. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo. O tema dese día é: A Eucaristía, remedio de inmortalidade e prenda de resurrección.

Continúa a Novena durante a semana do 10 ao 17 coa participación dos bispos de Galicia e de Astorga.

    Novenas a San Antonio de Padua en Melide

    • O día 2 de xuño comeza a novena en honra a San Antonio na parroquia de San Xosé das Cazallas. A novena e a Eucaristía será todas as tardes ás 20:30

    • O día 5 de xuño comeza a novena a San Antonio en Melide, será todas as tardes na capela de San Antonio. O día 13 celébrase a festa con Misa Solemne e procesión polas rúas da vila.

    A %d blogueros les gusta esto: