Gala benéfica de Cáritas – Sarria

Cáritas Interparroquial de Sarria organiza un festival benéfico o 14 de xullo no local da asociación cultural Meigas e Trasgos.

A festa comezará ás seis da tarde do día 14. A gala contará con actuacións e actividades para nenos: xogos, un contacontos ou un pallaso. A nota musical corre a cargo, entre outros, do grupo sarrián Os Flavia. Sobre as 20h terá lugar unha merenda.

O festival faise para recadar fondos. Cáritas só recibe achegas económicas dos socios, pois as entidades que colaboran co colectivo sarrián unicamente doan alimentos. O diñeiro recadado no festival destinarase á adquisición de comida para repartir entre as familias máis necesitadas. Dedicarase tamén a vales que a entidade entrega ás persoas menos favorecidas para a compra de produtos de alimentación en supermercados da vila sarriá.

Cáritas axuda ao longo do ano a unhas 500 persoas. O colectivo distribúe entre os beneficiarios alimentos, que proceden da Operación Quilo ou que foron doados por outras entidades. Ademais, conta cun roupeiro no baixo da igrexa de Nosa Señora do Rosario.

 

Importancia do Códice Calixtino

Codice-Calixtino

Valor espiritual

Tamén é máis que suficiente, polo menos para unha comunidade crente, reunida ao redor da liturxia que se recolle no Códice. E polos milagres atribuídos á intercesión do Apóstolo ou unha longa narración do traslado dos seus restos desde o porto de Haifa, en Israel, a Galicia

Xoia moi importante do patrimonio común cun gran valor material

Cando non se di que é incalculable o valor material do Códice Calixtino  fálase de varios millóns de euros. A valoración deste tipo de libros está baseada na rareza do exemplar, na cantidade de ilustracións e no completo que estea o libro. E nisto, o Calixtino figura entre os máis destacados por conservarse íntegroa .

Valor histórico

O valor do Códice está vinculado á gran catedral que o alberga. É tamén valioso como unha mostra do xenio de Diego Xelmírez, empeñado en levar a cabo a glorificación do culto católico na súa Igrexa.

É símbolo dunha época

O Códice Calixtino resume a mentalidade dunha época e pode considerarse un símbolo desta. Algúns aspectos desa mentalidade: devoción na liturxia, aos santos, percepción do espazo.

Valor cultural

O Calixtino sistematiza a importancia dada a Santiago o Maior, que, integrándose na colectura europea, contribuíu a conter unha cultura expansionista, a islámica,.

Para crear e logo copiar un libro tardábanse meses. Os códices dispoñibles na Idade Media eran escasísimos (o normal era que un mosteiro tivese uns 50 libros en propiedade). Esa circunstancia xa dá valor a un códice do século XII.

Obra miniada, é dicir, con ilustracións nas súas páxinas. Só os libros moi importantes, con información transcendental, pasaban polas mans dun ilustrador. Unha obra miniada era un luxo: os soportes das tintas que daban cor sacábanse de pedras preciosas. E realizar un libro como o Códice Calixtino tiña que ter un equipo formadísimo, uns pintores moi destros, moitos irmáns adicados ao horto e á granxa que puidesen dar para sustentar aos que traballan no scriptorium.

Primeira guía coñecida para facer o Camiño de Santiago.

Non hai nada comparable na súa época en canto á atención que presta á realidade cotiá do Camiño. Un dos motivos polos que a obra ten un valor único para a historia da peregrinación compostelá é que o autor parece ter vivido o que conta. 

Peza fundamental na historia musical europea

Para moitos, o máis importante do códice son as cento cincuenta composicións musicais:

  • É o corpus musical completo más antigo do continente europeo.
  • Contén o primeiro repertorio polifónico verdadeiramente artístico de Europa
  • Aparecen os máis antigos exemplos de música polifónica da Península Ibérica
  • Recolle de forma variada a monodia orixinal dos séculos X e XI
  • Vese a evolución das formas litúrxicas e musicais dos séculos XII e XIII
  • Dá a coñecer tropos, prosas, conductus e órgana polifónicos.
  • Exemplo único en todo o século XII da polifonía a tres voces: “Congaudeant Catholici”.
  • Algún texto da antífona “O lux et decus Hispaniae” foi tratado e adornado coas mellores galas polifónicas por grandes compositores españois, italianos, alemáns, franceses, ingleses, holandeses, portugueses…Un único texto xacobeo realzado con polifonías moi diversas

  • Permite saber como era a música relixiosa da época; por exemplo, cando trae anotacións como “agora entran os nenos” ou outras voces.

Daniel Gil e Alberto Riádigos, novos diáconos

O ano pasado (18 de febreiro), o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, instituía como lectores e acólitos a Alberto Riádigos González e Daniel Gil García. O sábado 7 de xullo deron un paso máis cara ao sacerdocio, pois foron ordenados diáconos ás 18.30 na Catedral.


Daniel Gil González (San Miguel de Bendoiro, Lalín, 1988).

Colaborou pastoralmente nas parroquias de Santiago A Nova, A Milagrosa, Monforte de Lemos, Meira.

Daniel Gil:

No Seminario funme fraguando unha idea máis seria do meu verdadeiro encontro con Deus, un encontro capaz de transformar a miña vida para facela súa”.


Alberto Riádigos González (Lalín, 1976)

Colaborou pastoralmente nas parroquias de Santiago A Nova, Monforte, A Milagrosa e Lalín.

Alberto Riádigos:

Durante unha peregrinación a Fátima, coñecín moitos sacerdotes novos, alegres, que falaban de Xesucristo e da Virxe con gran convicción, reflectíndoos como a vida que os enchía. Empecei a caer na conta de que todo isto estaba preparado para min dalgún modo, que Xesús tamén me esperaba a min, e que el quería ser a miña vida”.

El obispo de Lugo acompaña a los participantes en la Convivencia Familiar de Personas con Discapacidad Intelectual

Olympics Galicia organiza el domingo 1de julio, a partir de las 12h., en colaboración con FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad de Galicia), la “XVI Convivencia Familiar de Personas con Discapacidad Intelectual”. Será en el Pazo de Feiras y Congresos de Lugo.
Tradicionalmente, en cada jornada celebran la Liturgia de la Palabra y la Eucaristía dominical, dado que la mayoría de los asistentes, personas con discapacidad intelectual, sensorial y/o plurideficientes de Galicia, sus familiares y el personal que los atiende, son de confesión católica. El P. Carlos A. Ortiz Ramos O.F.M. Cap. es el Coordinador Religioso. Mons. Alfonso Carrasco Rouco, obispo de Lugo, les acompañará en esta jornada.

Últimos días para inscribirse na viaxe “Polos camiños de san Paulo”

Do 6 ao 14 de novembro terá lugar a Peregrinación diocesana a Turquía. Quedan unhas cantas prazas libres. Debido á reserva en dous voos internos urxe coñecer o número exacto de prazas antes do 15 de xullo. Despois de dese día a axencia organizadora non pode garantir a reserva de voo. As persoas que estean interesadas deben pasar pola axencia de viaxes da Praza da Soidade, para realizar a pertinente reserva.

A %d blogueros les gusta esto: