O día 18 de xullo, o Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco tivo unha xornada de convivencia con sacerdotes e diáconos ordenados a partir do ano 2000. Visitaron as parroquias de Quiroga e O Courel. Participaron Marcos Torres Gómez, José Río Ramilo, José Antonio Adrio Carballude, Miguel Asorey Otero, José Manuel Penela Campos, David Varela, Alberto Riádigos García, Daniel Gil González e Luis Varela.
A Confraría do Desencravo de Lugo cumpríu 65 anos
O día 17 de xullo, a Confraría do Desencravo de Lugo cumpría 65 anos desde que foi erixida canonicamente. Confraría humilde e solidaria, foi pioneira en moitas cousas: a primeira irmandade de Semana Santa de Lugo, a primeira en incorporar mulleres nas súas filas, a primeira en procesionar polo ciberespazo, a primeira en ter portadores para os seus pasos, etc. Esta decana e franciscana confraría foi un verdadeiro motor en moitas actividades da Diocese lucense.
A Confraría do Desencravo está nun bo momento, renovada e chea de ilusión e actividade, para cumprir o seu principal fin: render culto á Paixón de Cristo.
Indalecio Gómez: San Xosé Mª Díaz Sanjurjo, personaxe universal
A autoestima non é vaidade persoal, senón recoñecemento da herdanza recibida dos maiores e do que alcanzamos co noso esforzo. Desde a psicoloxía, a autoestima estimula o espírito de superación. Vista desde a ética, a autoestíma non é deterioración da propia imaxe, senón afirmación da dignidade persoal. Autoestimarse é valorarse desde a responsabilidade.
A autoestima, cando é colectiva, identifícase coa valoración positiva que un pobo fai de si mesmo: da súa riqueza, da súa cultura, das súas xentes. E moitos son os índices indicadores da riqueza dun pobo: a fertilidade das súas terras,a rendibilidade da súa industría, a proliferación das súas cabanas … Pero o signo máis elocuente da riqueza dunha comunidade é a memoria. dos personaxes ilustres das xeracións pretéritas. Eles son a riqueza máis eminente dos pobos. Nalgúns deles están encarnados os ideais evangélicos, plasmados en actitudes cristiás que perduran (deben perdurar) nas xeracións de hoxe e nas do mañá.
A este respecto, a historia dinos que Galicia foi sempre terra de sabios e de apóstolos e de mártires. E na lista de galegos ilustres ocupa un posto singular o noso paisano San José Mª Díaz Sanjurjo. Da súa universalidade fálannos os 20.000 Kms. que separan o seu berce da súa tumba: Lugo e Vietnam.
A súa imaxe venérase en varios lugares da Diocese lucense: Suegos (Pol), a súa patria moza; no Seminario lucense, centro da súa formación eclesiástica; na parroquia de San Pedro da nosa cidade, templo no que, sen dúbida, o seminarista lucense pediu luz para ver cales serán os plans de Deus sobre o seu futuro.
Tamén é venerada a súa imaxe en Filipinas, sede da súa cátedra universitaria; en Ocaña, noviciado da súa formación misioneira; na Catedral de Cádiz, onde recibiu a ordenación sacerdotal, o 23 de marzo de 1.844, de mans do Bispo gaditano Mons. Silos Moreno. En Cádiz celebrou a súa primeira misa, e de alí partiu para as misións de oriente. Alí dixo adeus á súa patria, á que xamais deixou de querer.
A valoración que de San José Mª de Suegos faise mais alá das nosas fronteiras é notoria. Silenciar tal valoración aquí na súa casa, sería falsa humildade pola nosa banda e ausencia de autoestima colectiva na conciencia dos lucenses. Que a singular valoración que, desde fóra das nosas fronteiras faise dos ilustres fillos de Galicia estimúlenos a engadir novos elos á xa longa cadea de galegos eminentes en ciencia, arte e santidade.
Campamento de monagos de Galicia
Entre o 13 ó 19 de xullo en Porto do Son (A Coruña) “TARELA” en Cabanela, 35 Participan monagos e nenos entre 10 e 15 años que asisten a catequese ou que axudan nas parroquias.
O ministerio do altar como monago é unha gran honra, un auténtico servizo santo. O hábito do monago é particular. Lembra o hábito bautismal, o traxe que cada un usa cando, en nome de Cristo, é acollido na comunidade.
Quen desempeña o servizo durante a misa, preséntase a unha comunidade. O monago ocupa un lugar privilexiado nas celebracións litúrxicas. Experimenta de preto que en cada acción litúrxica Xesucristo está presente. Na liturxia o monago é moito máis que simple axudante do párroco. É un servidor de Xesucristo.