O venres día 30 de novembro ás sete da tarde, na libraría La Voz de la Verdad, presentouse esta obra que publican a Diocese de Lugo e o Centro Eucarístico Lucense e que recolle os relatorios realizados durante o Primeiro Encontro Eucarístico Lucense.
Reunión dos curas das parroquias do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo
Os curas que atenden as parroquias do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo mantiveron unha reunión no seminario o pasado día 27 de novembro. Despois de analizar as distintas actuacións levadas a cabo dende a última xuntanza e de manifestar os logros de deficiencias atopadas, presentaron as novidades para o vindeiro ano. É de salientar a incorporación de José Criado como novo Delegado de Santuarios en Peregrinacións, en sustitución de José Otero, que seguirá a colaborar nestas tarefas como asesor.
As cinco Cáritas diocesanas de Galicia galardoadas co premio Fernández Latorre
As cinco Cáritas diocesanas de Galicia foron distinguidas co Premio Fernández Latorre na súa 54.ª edición. O galardón, instituído en memoria do fundador do xornal La Voz de Galicia, concédeo cada ano a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
A entrega do Premio Fernández Latorre celébrase na última semana de novembro. O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio, recolle o premio en representación de todas as persoas que forman parte de Cáritas en Galicia, entre elas, 2.800 voluntarios.
Motivos polos que o xurado viu a Cáritas Galicia como merecedora do premio:
-
fan un incansable labor en favor dos máis necesitados
-
contribúen á cohesión social
-
capacidade de reacción e flexibilidade en momentos complicados
-
garanten a supervivencia, en condicións dignas, de miles de familias galegas.
Finalizan as novenas da Milagrosa
O 27 de novembro é a festa litúrxica de Santa María Virxe Inmaculada da Medalla Milagrosa. Con tal motivo veñen celebrándose senllas novenas en parroquias da cidade de Lugo.
Na parroquia da Milagrosa, despois do rezo do rosario, a Eucaristía é ás 19:30 e tras ela hai exposición do Santísimo. Na novena tamén se fai unha lembranza especial aos defuntos da parroquia.
Na parroquia de San Froilán de Lugo, o horario é o seguinte:
-
19:15 Rosario
-
19:30 Celebración eucarística
O día 27 hai unha Eucaristía ás 11 da mañá.
O encargado de presidir os actos é David Varela Vázquez, secretario do Centro Eucarístico Lucense e do Instituto Teolóxico Lucense.
Encontro de profesorado de relixión
A Sección de Formación do Profesorado de Relixión do Instituto Teolóxico Compostelán organizou en Lugo un Curso de formación para Profesorado de Relixión Católica de Galicia. A primeira sesión foi o día 10 e a última onte, 24 de novembro. A actividade é no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, co seguinte programa:
- 10’00 Relatorio: A sociedade actual camiñando cara a multiculturalidade
- 12’30 Relatorio: Pedagoxias válidas en multiculturalidade
- Pola tarde, actividades en grupo: o YouCat nas aulas de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato
Pola mañá dirixe, o profesor Alfonso Novo Cifuentes; e pola tarde, o doutor en Teoloxía, Mario Vázquez Carballo.
A este cursos asisten uns cen profesores de relixión católica.