Novenas en honra a Santa Lucía

O día 5 de decembro, comeza a novena en honra a Santa Lucía na catedral de Lugo. A patir das 19.15 h novena, rosario e misa. O día 13, festividade de Santa Lucía, haberá misas no altar desta santa durante todo o día. 

Tamén na parroquia de San Xoán Bautista de Furelos (Melide) se celebra a novena en honra de Santa Lucía; con gran arraigamento e devoción por parte dos fieis da zona.

Ler máis

Un pai e un profesor falan da clase de relixión

Un pai e un profesor escriben senllas cartas ao xornal El Progreso sobre o labor do profesorado de relixión.  O pai -Arsenio Rodríguez- amósase satisfeito con ese labor, por inculcar aos fillos “o sentido da responsabilidade, a satisfacción do traballo ben feito, a admiración pola arte, a música, a literatura.., pero, sobre todo, a empatía e a tolerancia (tan escasas na nosa sociedade). Todo isto mentres os alumnos matriculados en alternativa, actividades de estudo ou como queira que se chame, gozaban da aula de informática, do patio ou do bar sen que os profesores apenas poidan facer nada”.

Ler máis

Actos eucarísticos e misioneiros na parroquia de San Francisco Xavier

O actos comezaron o 2 de decembro cunha misa en honra a San Francisco Xavier.

O día de San Francisco Xavier, o 3 de decembro, presenta o seguinte programa:

  • 12:00 h. misa

  • 18:30 h. charla nos locais da parroquia “Ser misioneiro hoxe”. Presentación do proxecto solidario “Tecendo soños” (construción dunha capela en Benin).

  • 20:00 h. misa

No transcurso das misas daranse a bicar as reliquias do Santo.

Encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico en Silleda e no Corpiño

A Diocese de Lugo quizo comezar o Ano Litúrxico dun xeito solemne, adicándolle unha xornada especial de convivencia e oración. Por cuarto ano consecutivo este acto tivo lugar en Silleda e no Corpiño. É sempre unha boa ocasión para facer unha parada co fin de atoparse, reflexionar e orar xuntos neste Ano da Fe. O encontro tivo lugar o 1 de decembro de acordo co seguinte horario:

  • 11:00. Acollida, oración e desenvolvemento do tema: “O Ano da Fe, unha ocasión para renovar a vida cristiá”. Lugar: Salón parroquial. Casa reitoral de Silleda

  • 12:30. Descanso

  • 13:00. Celebración penitencial na igrexa parroquial de Silleda

  • 14:15. Comida fraternal en Silleda.

  • 17:00. Eucaristía no Santuario do Corpiño

Neste encontro, aberto a todos,  participaron sacerdotes, consagrados e laicos. A experiencia di que estas xornadas son unha axuda, especialmente aos sacerdotes, primeiros responsables da pastoral. O feito de atoparse sacerdotes e fieis co señor Bispo, que presidirá o encontro, axuda a vivir e sentir como Igrexa e coa Igrexa.

A %d blogueros les gusta esto: