Concerto de corais na Catedral

O sábado 22, ao finalizar a Misa das 20 h, no altar do Bo Xesús da Catedral de Lugo, hai un recital de Nadal a cargo do Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e tamén actúa como coro invitado o Orfeón Xoán Montes, dirixido por Miguel Ángel Mouriz.

Festival de Nadal da parroquia de San Francisco Xavier

O sábado 15, a partir das 5 da tarde e ata as 8, o Centro social de Fingoi acolle un festival organizado pola parroquia de San Francisco Xavier. Entre outras intervencións estarán as seguintes: coros parroquiais, o cantante Pachi, happening de xoves cristiáns da Diocese, grupo de música tradicional A Xistra (Pedrafita). Durante o acto sortéase unha cesta de Nadal en beneficio de Cáritas.

A %d blogueros les gusta esto: