Lectura do boletín @nosavoz

Esta terceira semana de xaneiro pode ler seguidas todas as informacións que inclúe o boletín semanal de información diocesana @nosavoz. Pois pode accederse desde un teléfono móbil que lea códigos QR. Estes códigos son gráficos que representan un labirinto e enfocando o teléfono sobre el, almacénase neste caso o boletín 118 de @nosavoz:

anosavozqr

Resolución do concurso para o logotipo do Centro de Orientación Familiar (COF)

De entre as máis de 120 propostas recibidas, con gran creatividade moitas, o xurado viu 4 ideas moi valiosas que recibirán unha mención de honra e un premio. Unha das propostas foi a idea base que inspirou a fusión das outras tres, até chegar a unha nova idea que servirá para crear o deseño final do logotipo do COF Diocesano. Esta idea recibirá un premio especial. As outras 3 recibirán un premio.

É posible ver unha selección das propostas presentadas visitando a Sede do COF Diocesano, na rúa Anxo López Pérez 12, Local J. Os debuxos están expostos até o día 24 de xaneiro.

Ler máis

Pro-vida Lugo ten unha nova sede na praza Armañá

Pro-vida Polo dereito a vivir é unha asociación sen ánimo de lucro, cos seguintes fins:

  • Atender e apoiar á muller en canto sexa posible, ante un embarazo inesperado, ofrecer apoio humano e social, sen discriminación de idade, nacionalidade, raza, ou relixión.

  • Informar, concienciar á muller sobre as consecuencias nocivas do aborto provocado, e alertar á sociedade, sobre os múltiples riscos que supón contra a saúde e a dignidade humana.

  • Orientala en canto a medios e axudas que pode recibir e asistencia a nais embarazadas e nais que padecen a síndrome postaborto.

  • Tentar abrir o abano de alternativas ao aborto provocado.

PROVIDA LUGO está na Praza de Armañá, n° 7, 1º andar, oficina 2

Eucaristía na Catedral no 5º aniversario do falecemento de Frey Xosé

5º aniversario de Frey Xosé

O 8 de xaneiro, ás 12 h na Catedral de Lugo, coincidindo co quinto aniversario do falecemento do Bispo Frei José Gómez, celebrouse unha Eucaristía, presidida por Mons. Alfonso Carrasco, por todos os bispos falecidos da Diocese lucense.

“A personalidade eclesiástica de frei José Gómez de profesor, publicista, conferenciante e, sobre todo, animador relixioso manifestouse con forza e aceptación”. Faro de Vigo

“En Compostela reviven os recordos do frade próximo que acudía ao momento a calquera chamada. A dozura predominaba no seu aspecto e a súa voz resultaba estimulante e amiga”. José M.ª Díaz

Así como os bispos da Diocese de Lugo puxeron a súa esperanza en Cristo e anunciárono aos demais, que eles estean unidos para sempre a El no seu reino. Que o Señor os recompense do seu traballo apostólico entrando a participar no gozo de Deus.

A %d blogueros les gusta esto: