Celebración de San Xoán Bosco no colexio María Auxiliadora

Festa Don Bosco

No Colexio María Auxiliadora comeza a xornada do 31 de  xaneiro con eucaristías nas Parroquias do Bo Pastor e San Francisco Xavier. A continuación Festival D. Bosco, que inclúe actos como Party Don Bosco e a representación dun musical: A pantasma da Ópera.

A Asociación de María Auxiliadora invita a toda a Familia Salesiana e aos amigos do colexio a celebrar a Eucaristía ás 19.00h. Despois proxéctase un documental sobre a obra salesiana na actualidade e o libdup pola paz.

O 1 de febreiro ás 17.00 horas, Novas Rutas tamén celebra a Don Bosco coa imposición de pañoletas e obradoiro de sándwiches “Nai Margarita”. Novas Rutas é movemento formativo cristián para nenos/as que axuda a empregar educativamente o tempo libre e vivir os valores evanxélicos.

Cancións para a paz nos colexios relixiosos de Lugo

Día pazOs sete colexios relixiosos da cidade de Lugo organizan varios actos no Día Escolar pola paz. Ademais dos que individualmente se preparan en cada centro, hai unha programación conxunta. No momento da oración ao inicio da xornada, hai o visionado dun vídeo, elaborado polo colexio correspondente, dunha canción que trata o tema da paz, como desmostración de que é unha cuestión que interesa a todos.

E ás 12 h. do día 30 nos sete colexios proxéctase un vídeo confeccionado con fragmentos dos vídeos de cada centro.

Celebración de Santo Tomé no Seminario Diocesano

O Instituto Teolóxico Lucense e o Seminario Diocesano celebran a festa de Santo Tomé de Aquino o día 28, co seguinte programa de actos:

  • 11:30 ACTO ACADÉMICO na Aula Magna, conferencia “A exclusión do bonum prolis na xurisprudencia recente da Rota Romana” polo Lic. D. José Manuel Penela Campos.

  • 13:00 CELEBRACIÓN EUCARÍSTICA. Capela Maior do Seminario

  • 14:15 COMIDA festiva de toda a comunidad educativa

Conclúen as Xornadas Abertas de Teoloxía

Mons. Luís Quinteiro
Mons. Luís Quinteiro (á esqda.), xunto con Mons. Alfonso Carrasco e David Gil

A conclusión das Xornadas Abertas de Teoloxía correu a cargo do Bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que tratou o tema do “fiel cristián segundo o Concilio Vaticano II”. Sobre a importancia deste concilio dixo o seguinte: a lectura da historia que fixo o Vaticano II é a lectura máis profunda que se ten feito no mundo contemporáneo.

Na época do Concilio, a Igrexa viu a necesidade de abrir as portas para facilitar o encontro con Xesús. E hoxe os cristiáns deben superar as súas coitas intrafamiliares, abrir os ollos ao mundo e proclamar que Xesús é a luz dos pobos.

Para o Bispo de Tui-Vigo, o que hoxe está facendo máis estragos na Igrexa é que vivimos na rúa segundo os criterios da rúa e na Igrexa segundo os criterios da Igrexa; ao final, acabamos perdidos.

Noutro momento da súa intervención, preguntou: por que os avós e as avoas teñen conquistados aos netos? E a resposta: porque están ao seu carón. Pois ben, a mocidade ten que sentir preto dela a catequistas, sacerdotes… E isto faise, entre outras cousas, desde unha unidade de vida.

Mons. Luís Quinteiro constatou que na sociedade actual hai unha demanda fantástica de espiritualidade. Pero ás veces fálase, por exemplo de Oriente, e parecería que a espiritualidade cristiá non tivese interese. Por iso, é unha necesidade imperiosa unha formación na vida espiritual.

“Recibir o Concilio. 50 anos despois”

Juan Carlos Fernández Menes

No segundo día das Xornadas correspondeulle intervir a Juan Carlos Fernández Menes, profesor do Centro Superior de Estudos Teolóxicos de León. O título do seu relatorio foi “Recibir o Concilio. 50 anos despois”. Comezouse dicindo que o Vaticano II tivo unhas dimensións “físicas” grandes, con 3.500 participantes directos e unhas intervencións que, sen estar todas recollidas, xa suman máis de 50 volumes. A súa razón convocante era presentar o Evanxeo de sempre aos homes e mulleres da época contemporánea. Tocáronse temas inéditos, como a escandalosa pobreza de parte da humanidade.

Xoán XXIII deu unha gran sorpresa: reúne a un grupo de cardenais para anunciarlles “catro cousiñas”, pero unha delas era nada menos que a convocatoria dun concilio. E convocouse, non cuns fins explícitos, porque a idea era posibilitar unha gran participación, como así foi.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: