Novena en honra da Virxe de Fátima na igrexa de San Pedro de Lugo

O domingo 5 ás cinco e media comeza a Novena en honra da Virxe de Fátima na igrexa de San Pedro (Lugo). Nos seguintes días haberá os seguintes actos: pola mañá, Misa ás 9 no altar de Fátima; pola tarde, ás 18:30 solemne función relixiosa (santo rosario, exercicio da novena e Misa). Os domingos é ás 17:30. O orador é Alfonso Vilariño  Blanco. Organizan: Asociación Fillas de María, Lexión de María e Apostolado Mundial de Fátima (Exército Azul).

Conclúen as misións na praza Horta do Seminario, en Lugo

O último encontro é o 5 de maio na praza Horta do Seminario en Lugo. E termínase cunha catequese sobre a necesidade de vivir a fe en comunidade, e a misión maternal da Igrexa. Concretamente, entre os temas que se tratarán están os seguintes:

– Que é a Igrexa?

– Cal é a túa experiencia da Igrexa?

– Queres ser axudado por unha comunidade cristiá?

 Ademais, convidarase á xente a unha celebración penitencial, onde os que asistan poidan selar a predicación co sacramento da reconciliación, nun lugar adecuado próximo.

  Posteriormente, poderase continuar na parroquia o desenvolvemento total das catequeses. Se non fose así, con este último encontro concluiría a misión.

Exposición de pezas elaboradas por presos na parroquia O Salvador de Hospital

Exposicion Hospital Quiroga

A parroquia O Salvador de Hospital de Quiroga acolle unha exposición do traballo que os internos do Centro Penitenciario de Bonxe realizan en distintos obradoiros (cadros e pezas de cerámica, madeira…). Xunto ás pezas preséntase o labor da pastoral penitenciaria na Diocese de Lugo.

 A inauguración foi trala Eucaristía vespertina do día 1 de maio, misa que estivo presidida por José Río Ramilo, director do Secretariado de Pastoral Penitenciaria. Durante a homilía mencionou os programas que ten en marcha tanto dentro da prisión como fóra cos presos hospitalizados, ou acollidos durante os permisos.

  A exposición pode ser visitada durante este mes de maio e primeiros de xuño. Está organizada pola Parroquia O Salvador do Hospital e o Voluntariado Penitenciario Lucense. Foto tomada do blog de Jesús Río

Encontros prematrimoniais na Fonsagrada, Lugo e Chantada

Na parroquia Santa María de A Fonsagrada teñen previsto para o día 4 pola mañá uns encontros prematrimoniais, que continuarían o sábado 11 do maio (pola mañá e pola tarde).

 No caso da parroquia Santiago A Nova de Lugo é o día 4 cando conclúe esta formación de cara ao sacramento do matrimonio.

 Entre os días 6 e 10 de maio, estes encontros son en Chantada (parroquia de Santa Mariña) e Lalín (parroquia de Nosa Señora das Dores).

 Casar e convivir é unha aventura, así que conleva un certo risco, pero se os protagonistas da aventura poñen os medios, pode controlarse. O obxectivo é casar na fe cristiá e saber como traballar a felicidade día a día.

A %d blogueros les gusta esto: