A historia confírmanolo. O ben e o mal son incompatibles. O bo e o mellor son complementarios. A imitación de Xesucristo, fagamos sempre o mellor que estea nas nosas mans.
A auga é xuntamente coa terra, o aire e o lume, un dos elementos básicos da constitución dos corpos. Sen auga non hai vida. Así considerada, ela ten prioridade sobre outros elementos da creación. Con todo, para festexar os grandes acontecementos da historia, preferimos o viño á auga. Unha proba disto, é o acontecido no banquete de Caná de Galilea. Alí abundaba a auga, pero esgotouse o viño e esta carencia converteríase en estragafiestas do banquete, se Xesús non estivese alí para converter a auga en viño.
Con este milagre, o Señor demostrou que era todopoderoso e infinitamente bondadoso, con capacidade para regalar a aqueles esposos un viño abundante en cantidade e de mellor calidade que o previsto polos noivos para celebrar a súa voda.
No proceso deste actuar de Xesús, advertimos, en primeiro lugar, a intervención de Maria. Ela coñece a sensibilidade do seu fillo e advírtelle do feo que sería para aqueles esposos ter que suspender a festa por falta de viño. María é a omnipotencia suplicante.
Alegrémonos diso, non esquezamos que “a Xesús vaise por Maria”.
O segundo ensino é a prontitude dos serventes para encher as tallas, tal como ordena o Señor. Eles non fixeron o milagre pero o seu comportamento contribuíu a que Xesús convertese a auga en viño.
Esta é unha lección a ter en conta: “que de Deus somos colaboradores”. Deus alugou o mundo aos valentes para que o custodien e perfeccionen. É o actuar providencial de Deus, El ten a primeira palabra, pero a última tena o home. Consecuentemente, alí onde nos puxo o Señor, procuremos florecer para que todo o mundo poida percibir o aromático perfume moral do noso actuar cristián.
É máis perfecto perdoar ao inimigo que amar ao amigo. Se nos comportamos así, faremos do mundo un paraíso na terra e Deus compensaránolo co paraíso celestial.
De todo isto dá exemplo Xesucristo. Imitémolo!, porque a realeza, máis que autoridade, é exemplaridade.
Indalecio Gómez
Cóengo da Catedral de Lugo
[Artículo en castellano]
Gústame esto:
Gústame Cargando...