O director do Arquivo Diocesano de Lugo, Óscar González Murado, impartirá unha charla no local da asociación A Unión, Sarria (r/ Matías López), o próximo día 29 ás oito da tarde sobre a figura de Elías Valiña. En concreto sobre, do polifacético ‘cura do Cebreiro’, a preocupación do sacerdote natural de Sarria polo patrimonio documental diocesano.
A charla está organizada pola Unión e polo Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco como parte dos actos en memoria de Elías Valiña que se sucederán nos próximos meses ata maio. A idea é que se vaian alternando estudosos de Sarria e de fóra para que cada mes vaian dando a coñecer a figura de Elías Valiña desde un gran número de ángulos.