A igrexa de Palas de Rei acolle o próximo 8 ás 10:30 unha reunión dos sacerdotes con parroquias polas que pasa o Camiño Francés no territorio da Diocese de Lugo. Por iso tamén asistirán de Melide e Arzúa (pertencentes á Diocese lucense) xunto con sacerdotes de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei.
Entre os asuntos que serán tratados están os criterios que se manterán cos voluntarios que atenden aos peregrinos.