As Delegacións de Xuventude de España organizan unha cadea de oración polo Sínodo dos bispos sobre a xuventude. Con este motivo, o Sr. Bispo presidirá unha vixilia de oración na Catedral o día 25 de outubro ás 21 h. A ela están invitados representantes de parroquias, movementos, colexios relixiosos… A vixilia terá un carácter xuvenil sen perder a profundidade propia da oración, na que se pedirá polos froitos do Sínodo.