A Igrexa convida a todas as persoas de boa vontade a participar na tradicional colecta do Óbolo de San Pedro, que se realiza o vindeiro domingo 27 de xuño baixo O lema Un corazón que ve as feridas e mans creativas para curalas.
Trátase dunha colecta da Igrexa universal formada polas axudas económicas que ofrecen os fieis de todo o mundo directamente ao Papa para soster os proxectos caritativos da Santa Sé. Naceu no século VII, coa conversión dos anglosaxóns. Como sinal de adhesión a Roma empezaron a enviar unha contribución anual ao Papa. Así naceu o Denarius Sancti Petri, a Esmola a San Pedro. Logo engadíronse outros países europeos. Oficialmente foi instituÍdo por Pío IX no ano 1871.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, os fondos recadados este 2021 contribuirán á atención dos máis necesitados, con diversos proxectos caritativos do Papa Francisco, en especial a loita contra a fame e o desemprego que sofren millóns de persoas vulnerables no mundo, a consecuencia da pandemia.