O mércores 14 de xuño no Círculo das Artes de Lugo o Presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón Romero, deu o pregón da Caridade. Titulouse “Llamados a ser comunidad”.
Manifestou o seu “compromiso de que non imos parar, seguiremos coa nosa tarefa cotiá, paso a paso, asumindo o papel que lle correspondeu a cada un e intentando chegar a todo aquel que máis o necesite”.
Referíndose aos voluntarios e traballadores de Cáritas, dixo que se “conta cun fantástico, impresionante capital humano con inmensas doses de ilusión, experiencia de traballo en equipo, iniciativa, solidariedade e por suposto profesionalidade”.
O Presidente de Cáritas transmitiu “a esperanza en que xuntos poidamos construír un mundo mellor. A esta esperanza debemos apegarnos todos levando a xenerosidade por bandeira para intentar conseguir sempre un mundo no que prevalezan os dereitos e a dignidade dos seres humanos por riba de calquera outro interese, por moi nobre que sexa. Ante a necesidade, a dor e o sufrimento dos demais a nosa actitude será sempre esperanza, amor e solidariedade”.
Na actualidade, Manuel Bretón continúa ligado ao mundo da seguridade e a defensa como membro de EuroDefense-España e dirixe a Fundación FOESSA (Fomento de estudos Sociais e de Socioloxía Aplicada).