Este ano hai un relevo no equipo directivo da Delegación de Mans Unidas en Lugo. O anterior equipo directivo, formado por Laura Campoy (Delegada), Pilar Cadahía (Vicedelegada), María Jesús Fernández (Tesoureira), Berta López (Secretaria) e Miguel Vázquez (Consiliario), fixo posible proxectos de desenvolvemento grazas á súa gran talla humana, dedicación, esforzo e co apoio dos voluntarios. O novo equipo confórmano Josefina Varela (Delegada), Pilar Cadahía (Vicedelegada), Marina Otero (Tesoureira) e Ana Castro (Secretaria) e Miguel Ángel Álvarez (Consiliario), que seguirá fortalecendo a dimensión social da fe.
O luns 12 de novembro hai unha xornada de estudo a cargo formadores de Mans Unidas España. E durante o ano 2019 haberá sesións de formación para os voluntarios da organización e para calquera persoa interesada nas cuestións a tratar: os documentos Sacramentum caritatis e Caritas in veritate de Benedito XVI. As reunións deste grupo de reflexión-formación, que dirixirá Miguel Ángel Álvarez serán no local de Mans Unidas (rúa da Cruz, 3, Lugo) ás cinco da tarde o 21 de xaneiro, o 18 de febreiro, o 11 de marzo, o 8 de abril, o 13 de maio e o 17 de xuño.