Na Parroquia da Milagrosa celébrase a Novena en honra da patroa co seguinte horario: Rezo do Rosario ás 19h (domingos ás 18h); Eucaristía ás 19:30h (domingos ás 18:30h); confesións antes da Misa, exposición do Santísimo despois dela.
-
Domingo 19 de novembro. Día da Catequese. “Ide e anunciade o evanxeo”.
Preséntase a María toda a tarefa da catequese
-
Luns 20. Día da Muller.
Preséntanse a María as vítimas da violencia machista
-
Martes 21. Día do maior e do enfermo.
Preséntanse a María as persoas maiores e os enfermos. Rézase por eles e con eles para combater a soidade e o sofrimento.
-
Mércores 22. Días das vocacións.“A mies é abundante, os traballadores son poucos”
Preséntanse a María os nosos seminaristas e que nos conceda a graza de novas vocacións.
-
Xoves 23. Día de Cáritas. “Amade o próximo como a un mesmo”
Preséntanse a María os nosos irmáns necesitados.
-
Venres 24. Día da mocidade.
Preséntase a María a nosa mocidade, esperanza da Igrexa e do mundo.
-
Sábado 25. Día da familia.
Preséntase a María a realidade das nosas familias.
-
Domingo 26. Día da Eucaristía.
Preséntase a María a nosa parroquia e as necesidades da Diocese.
-
Día 27. Día da Milagrosa.
Preséntase a María o noso recoñecemento e acción de grazas.
Pola súa parte, a Parroquia de San Froilán, (Lugo), comeza unha solemne Novena en honra da Virxe da Medalla Milagrosa. A partir das 19:15 h comézase co Rosario e exercicio pidadoso da Novena, para seguir ás 19:30h coa celebración eucarística. Preside Alejandro Pin Díaz. O día 27, festa da Virxe da Medalla Milagrosa, hai Misa Solemne ás 11 da mañá.