Neste 2011 cúmprense 49 anos desde que o párroco de S. Francisco Xavier de Lugo, D. José Sampayo tivo a iniciativa de organizar esta novena. Desde entón celebrouse ininterrompidamente, sempre entre os días 4 e 12 de marzo.
Durante este tempo tivo unha gran repercusión por diversos motivos, entre outros os seguintes:
– San Francisco Javier é un santo bastante querido. Del hai unha reliquia no templo.
– É unha novena que atrae a todo tipo de fieis, desde novos a maiores.
– Os pregoeiros son persoas de relevancia, por citar só un par de exemplos: Trapero Pardo, Matías Prats senior.
– Contactar con todas esas persoas e cos sacerdotes encargados da predicación da novena é un traballo que xa se empeza doce meses antes. Hai, pois un gran labor de preparación nos meses previos e tamén durante os días anteriores, por suposto. Como un exemplo, citar que varios fregueses pasan case toda a noite colocando carteis anunciando a novena.
– Tamén contribúe á súa difusión, naturalmente, o feito de que sexa transmitida a novena por COPE Lugo.
-Supón uns días intensivos de vivencia da práctica cristiá que serve para alimentar a fe durante o resto do ano.
PREGÓN DA NOVENA
27 de febreiro na eucaristía de 12:30. A cargo de D. Francisco Javier Porro, delegado de Pastoral Xuvenil de Santiago de Compostela.
HORARIOS DA NOVENA
Mañá: 7:30 – Rosario e procesión
8 e 12 – Novena e eucaristía
Tarde: 6 – Rosario
6:30 e 8 – Novena e eucaristía
ACTOS ESPECIAIS
Día 6: Procesión desde o barrio de Montirón ás 9:30 da mañá
Día 8: Unción de enfermos ás 4:30 da tarde
Día 9: Mércores de Cinza, imposición da cinza para iniciar a Coresma
Día 12: Dedicado á Virxe, procesión de fachos despois da eucaristía das 8 da tarde. Darase a venerar a reliquia do santo nas eucaristías
PREDICADOR: Rvdo. D. Rolando Ruiz, misioneiro xaveriano
Confesións en todos os actos.
A Novena retransmitirase por COPE
Carta do párroco:
Este ano os nove días de Xavier queren ser en verdade uns días de intensa graza para a nosa comunidade que celebra os 50 anos da súa creación; e quéreno ser desde o que é próximo a nós: a familia, o barrio, o templo parroquial, a imaxe da nosa Nai, a Virxe, as nosas preocupacións e alegrías… Pero tamén o queren ser desde a universalidade da fe, desde esa apertura ao mundo de San Francisco Xavier que navegou polos mares e entregou a súa vida para que moitos tivesen a certeza de que Deus tamén lles amaba.
Neste ano de luz para a parroquia de San Francisco Xavier, o noso corazón vai demostrar que realmente é grande cando en agosto sexamos parroquia de acollida de mozas de todo o mundo que van participar na Xornada Mundial da Mocidade 2011 co Papa en Madrid, e a nosa misión dará o seu froito cando os mozos da nosa parroquia participen tamén nese encontro co Papa.
Vivamos a novena da graza fortalecendo a nosa fe “arraigados e edificados en Cristo, firmes na fe” (Col 2, 7), tendo presente nas nosas oracións aos mozos e á Xornada Mundial da Mocidade 2011. Que os mozos vivan a alegría de ser cristiáns, que experimenten que Deus é “amigo do home”, e contribúan a que todos os homes sexamos “amigos de Deus”. Que os mozos crezan nos grandes ideais que transforman á persoa e á humanidade, sexan irmáns universais e cooperen na misión universal da Igrexa.