Os salóns parroquiais de Silleda, acollen o sábado, 9 de maio, unha nova xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (CFMF) que organizan conxuntamente as cinco dioceses de Galicia.
O decano do Tribunal da Rota, Carlos Morán tratará o tema das crises matrimoniais. Desde o seu coñecemento directo de centos de traxectorias matrimoniais como decano do Tribunal da Rota, Carlos Morán, falará sobre os retos aos que deben enfrontar os matrimonios para ser felices e que se pode facer para converter as crises en momentos de crecemento, todo iso desde unha perspectiva esperanzadora, profunda e misericordiosa.
A sociedade actual, lonxe de considerar o amor como doazón, entrega, intercambio e interrelación, ve o matrimonio dunha maneira moi desvirtuada do que significa e de como se debe de vivir para que sexa pleno e satisfactorio. Por iso tamén se tratará nesta xornada a cuestión da prevención, e o modo en que a Igrexa debe suscitar a preparación ao matrimonio para poder ofrecer aos noivos unha formación que sexa unha boa axuda.
Nesta xornada, ademais, presentarase o labor da Fundación Gift & Task que leva desde 2007 ofrece un itinerario de preparación próxima ao matrimonio, que é quizais a oferta formativa para noivos máis interesante, de maior calidade e profundidade de toda España.
O horario é o seguinte:
10 h 1º relatorio “O amor conxugal: autodoazón e entrega
12 h 2º relatorio Causas das crises conxugais, As crises, unha ocasión para amarse
13.10 h 3ª relatorio – Prevención das crises e forma de abordalas
16 h Experiencias: Gift & Task, un revolucionario curso para noivos
16.20h Orientacións para a prevención das nulidades e coloquio aberto co ponente
Carlos M. Morán Bustos
Doutor en Dereito Canónico, desde 2009 é Decano do Tribunal da Rota da Nunciatura Apostólica de España.
É autor de numerosas publicacións e impartiu conferencias e seminarios sobre temas relacionados co matrimonio en xeral, e sobre dereito matrimonial e procesal canónico en particular.