A segunda xornada deste 2º ano do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (2015) será o vindeiro sábado 7 de marzo en Silleda. O seu título é “A educación afectiva e sexual na familia: ser pais”, e a relatora principal é a doutora Nieves González Rico.
No apartado de experiencias, a partir das 17:30, o plan previsto é:
Ademais de coñecer as Fundacións Desarrollo y Persona e COF Diocesano de Valladolid, que serán presentados por Nieves González, tamén haberá representantes doutras dúas realidades interesantes:
Proxecto Raquel España (por video-conferencia): Maria José Mansilla
Red Madre Galicia: Mónica Fernández
Nesta xornada búscase capacitar a pais, profesores e axentes de pastoral para abordar a sexualidade desde unha perspectiva que responda aos desexos máis profundos do corazón humano.