Non quero insistir no que xa sabemos todos dabondo. Os medios de comunicación e as redes sociais téñennos abundantemente informados.
Á maioría de nós os que se nos pide, ademais de estar na casa e obedecer as demais indicacións, é manter a confianza nos técnicos que están a xestionar esta crise, ao mesmo tempo que nos poñemos nas mans de Deus, o noso Pai, ao que lle pedimos que nos axude a saír desta crise, especialmente aos infectados, e que conceda en descanso eternos aos falecidos.
Estes días lembro moito a seguinte pasaxe evanxélica:
E cando chegaron a onde estaba a xente acercóuselle un home, que de xeonllos lle suplicou:
-Señor, ten compaixón do meu fillo, porque é lunático e sofre moito; xa ten caído no lume e na auga. Presentéillelo aos teus discípulos e non o deron curado.
Respondeu Xesús:
-Xeración incrédula e perversa! Ata cando vos terei que soportar? Traédemo aquí!
Entón Xesús increpou ao demo e saíu del. E desde aquela hora ficou curado o rapaz. Entón achegáronselle os discípulos e preguntáronlle en privado:
-Por que non o demos botado nós?
El respondeulles:
-Pola vosa pouca fe. E asegúrovos que se tivesedes sequera unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: “vai de aquí para alá”, e o monte había ir. E nada sería imposible para vós. [Esta clase (de demos) só se expulsa coa oración e o xaxún]» (Mt 17, 14-21)
O xaxún xa o temos dalgún xeito na necesaria corentena con confinamento domiciliario. Se cadra só falta a oración. Ámbalas dúas cousas son necesarias.
Miguel Ángel Álvarez
Párroco da Fonsagrada