Igrexa polo Traballo Decente (ITD) impulsa o 7 de outubro a Xornada Mundial polo Traballo Decente. Con motivo desta Xornada, que é compartida coa Organización Internacional do Traballo (OIT), o movemento sindical mundial e o movemento mundial de traballadores cristiáns, convócanse xestos e actividades públicas para sensibilizar sobre a importancia de estender na sociedade e na Igrexa o traballo decente, algo esencial para a vida de millóns de persoas.
As entidades convocantes, ademais de Igrexa polo Traballo Decente son Cáritas, Confer, HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica), Fundación Juan Soñador, Taller de Solidariedade, Xuventude Obreira Cristiá, Xuventude Estudante Católica e Xustiza e Paz.
Acto en Lugo
O 7 de outubro ás 19:30 h na igrexa San Antonio de Padua (Lugo) celébrase unha Eucaristía, lectura do manifesto deste ano, e tamén se inaugura unha exposición sobre o que é o traballo decente. Esta mostra será itinerante, pois nos vindeiros 12 meses estará noutras parroquias da Diocese.