Na mañá do luns 29 organízase unha xornada de formación no Seminario que se dirixe a sacerdotes, relixiosos e segrares. O encargado de transmitir a súa ampla experiencia é Jesús Martínez Carracedo.
Para este sacerdote, as accións da parroquia no campo da saúde son as seguintes:
• Educar para vivir a saúde e afrontar a enfermidade e a morte.
• Acompañar os enfermos.
• Celebrar os sacramentos dos enfermos.
• Atender os enfermos máis necesitados.
• Axudar á familia dos enfermos.
• Integrar os enfermos na vida da parroquia.
• Implicar a toda a comunidade.
• Traballar para que a parroquia sexa fonte de saúde.