Para pedir o cese de chuvias excesivas ou o cese dunha seca (este foi o caso o ano pasado) trasládase a imaxe da Virxe de Bermés a Vilariño ou viceversa. Ademais de pedir auga en Bermés (Lalín) e bo tempo en Vilariño (Agolada) co clamor-rogativas e oracións, unha vez ao ano faise unha Misa solemne de acción de grazas. Este ano será o 7 de agosto ás 18h no campo da festa de Vilariño e presidirá o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.
Tamén estarán os párrocos de Vilariño e Bermés, Arsenio Galego e José Ramón Pena Taboaba, respectivamente, ademais doutros sacerdotes da zona. As dúas parroquias irán alternándose cada ano como sedes do acto de acción de grazas.
Varios autobuses sairán desde Bermés, Ventosa, Agolada, Brocos e Agra.