O mércores 28 de marzo, ás 11 h na Catedral de Lugo, o Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidirá a Misa Crismal na que concelebran os sacerdotes da Diocese.
Nesta celebración, que manifesta a comuñón do Bispo cos seus presbíteros, bendinse os óleos que despois se reparten ás parroquias da Diocese para a administración dos sacramentos ao longo do ano: Bautismo, Confirmación, Orde Sacerdotal, Unción de Enfermos.