Mesa redonda sobre os Centros de Orientación Familiar Diocesanos

O Centro de Orientación Familiar (COF) Diocesano cumpriu 10 anos e para celebralo deu a coñecer a nova sede e organizou unha Xornada sobre a Familia. Esta última tivo como colofón unha mesa redonda.

 

O primeiro participante na mesa redonda foi o creador do COF lucense Martiño Rodríguez, actualmente profesor nas Universidades de Navarra e Francisco Vitoria. Entre outras cuestións, sinalou que “o COF está chamado a servir máis alá das persoas propiamente de dentro da Igrexa se é posible ir máis alá, a capilarizar na realidade social de seu lugar. Creo que o reto máis importante dos COF na área da intervención é o reto das persoas: atopar persoas cunha formación suficiente e cunha sintonía, unha identidade e unha formación cristiá que faga que ubicarse nun COF teña sentido para elas e para o COF”.

 

 

 

Tamén interviu o director do Instituto da Familia de Ourense, Xosé Manuel Domínguez, para quen “non só necesitamos saber ben orientación, terapia, intervención sistémica senón que necesitamos coñecer o maxisterio da Igrexa e unha experiencia persoal e comunitaria cristiá desde a que vivir a misión de traballar nun COF. Necesitamos pensar todas as nosas intervencións desde a antropoloxía cristiá e desde o Evanxeo”. Invitou a “repensar o acontecemento do encontro terapéutico desde Emaús, o bo samaritano, as categorías do Evanxeo e a experiencia de Cristo de cada un”.

 

 

 

E a intervención final foi a do actual director do COF de Lugo, Nicolás Susena, que considera que “o Bispo sempre é un garante da eclesialidade, da moralidade, da identidade do COF. Aquí sempre contamos co apoio de D. Alfonso”. Tamén sinalou a importancia de “apostar pola transversalidade da pastoral familiar e reforzar a comuñón eclesial interdiocesana: traballamos xuntos os delegados de familia e os COF”

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: