O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova (Lugo) abre o 7 de maio o Mercado solidario de manualidades e produtos ecolóxicos. A recadación irá destinada aos pobres. Neste 2016 celébrase o Ano da Misericordia que invita á compaixón e á solidariedade cos nosos irmáns desprotexidos. O grupo de maiores da Nova aproveita esta ocasión para facer chegar a súa gratitude a cantas persoas veñen apoiando este fin solidario. Ademais invítase a colaborar na medida das posibilidades de cada un á entrega de artigos, donativos e compras para a próxima exposición e venda, que estará situada na sancristía da parroquia, a carón de Correos na rúa San Pedro, de Lugo. As colaboracións xa se están entregando na secretaría da parroquia, deixando nota da persoa que as aporta.