Mans Unidas Lugo ten preparado o material didáctico para profesores e catequistas correspondente a este curso 2021-2022. Haberá unha presentación oficial deste material e das actividades en xeral da delegación lucense de Mans Unidas o mércores 24 de novembro ás 17 h no salón de actos do Seminario. É un acto aberto a todos os interesados e nel participará Roberto Martínez Medina, técnico do Departamento de Formación de Mans Unidas.
Previamente, o martes 23 de novembro ás 19 h, na Capela da igrexa de Santiago A Nova (Lugo) celébrase unha Eucaristía na que se pedirá pola boa marcha do novo curso e polos familiares defuntos dos socios.