O mércores 22 ás 19:30h na sede de Afundación (pza. de Santa María, Lugo) Mans Unidas organiza a proxección da película “Romero, el santo del pueblo”. Seguirá un coloquio sobre a mesma.
Un día antes, o 21 de marzo, o Papa Francisco concelebra unha Misa en conmemoración do martirio do Beato Óscar Romero, acompañado de todos os bispos do Salvador na Capela da Casa Santa Marta.
O ano xubilar por monseñor Romero comezou o 15 de agosto pasado e terminará o mesmo día do ano en curso, en ocasión do centenario do seu nacemento.