No mes de decembro Mans Unidas Lugo sorteaba unha cesta de Nadal. O número premiado debería coincidir cos tres últimos números do premio gordo da Lotaría Nacional do 22 de decembro e no caso de que quedase deserto o premio nese sorteo, debería de coincidir coas tres últimas cifras do sorteo da ONCE do 31 de decembro. Dado que nos dous sorteos o premio quedou deserto, Mans Unidas Lugo, por decisión das súas voluntarias e do equipo directivo, acordou doar o contido da cesta ao Comedor Diocesano de San Froilán. E tamén se fixo unha doazón de 100 máscaras hixiénicas. A entrega fíxose ás Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, que se encargan do Comedor San Froilán.
Os donativos obtidos da venda das rifas, irán destinados aos proxectos que Mans Unidas Lugo leva a cabo nos países máis desfavorecidos economicamente.