Un nutrido grupo de cidadáns lucenses participaron na Concentración Solidaria, que o xoves 30 de outubro, ás sete da tarde, tivo lugar diante do Concello de Lugo. Acendéronse velas, previamente entregadas aos presentes, para identificar a luz como un impulso para o compromiso solidario polo desenvolvemento, a xustiza e a igualdade.
A presidenta – delegada de Mans Unidas Lugo, Amalia Hermida, en presenza dos cidadáns e do alcalde de Lugo, lembrou os programas que a organización humanitaria leva adiante en todo o mundo.