Mans Unidas pon en marcha esta semana a XIV edición do seu Festival de Clipmetraxes. Por iso fai un chamamento ao alumnado dos centros educativos españois -a quen se dirixe a categoría escolar do concurso- e a maiores de 18 anos -na categoría xeral- para que graven un vídeo dun minuto que visibilice como o noso estilo de vida reflicte o compromiso coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Nos seus traballos os participantes deberán mostrar exemplos ou ideas de como xestionar, de maneira sustentable, a alimentación e a auga. Trátase de mostrar como a través das accións individuais contribúese a edificar algo máis grande, con repercusión colectiva. Con este Festival convídase os participantes a reflexionar, actuar e comprometerse coa construción dun mundo máis xusto.
O alumnado da categoría escolas pode enviar as súas clipmetraxes até o 16 de febreiro de 2023. E os concursantes da categoría xeral, terán de prazo até o 4 de maio do mesmo ano.
Toda a información (bases, categorías, premios, xurado) aquí.
No marco da Semana contra a Pobreza e o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro) Mans Unidas organiza unha mesa redonda que se poderá seguir por youtube o 20 de outubro ás 10 h. Nela serán analizadas e denunciarán as causas do aumento da fame no mundo, que alcanza xa a 828 millóns de persoas.
Participarán a académica Elena de Luís Romero, especialista en dereito á alimentación da Universidade Carlos III; Fidele Podga, coordinador de Estudos de Mans Unidas e José Luis Orpella, sacerdote e socio local da ONG en Garissa, Quenia.