Concurso “Debuxa a túa bolsa solidaria coa Vida”

Con motivo de celebrarse a partir do día 19 de marzo a Semana Mundial da Vida, en Lugo convócase o I Concurso de Debuxo. Aos inscritos antes do día 10 de marzo entregaránsenlles bolsas de tela para pintalas.

O tema é “Debuxa a túa bolsa solidaria coa Vida”.

O material de debuxo, é por conta do participante, xa que é libre a utilización de materiais e cores.

Tamén hai un certame de narrativa, poesía e música.

Información: lugo@derechoavivir.org

Ciclo de conferencias Occidente ante o século XXI

O día 12 de marzo ás 8 da tarde no Salón de actos da Deputación de Lugo. O título da charla: Tempo de comunicación, evanxelización e conversión. O relator é o Rvdo. Padre Esteban Munilla Aguirre.

Esteban Munilla é a cabeza visible de Radio María España, que está a vivir un momento de consolidación. Se hoxe Radio María España é como é, en gran medida débese ao labor do Padre Munilla nos últimos anos e ao equipo de voluntarios.

O día 13 de marzo ás 8 da tarde no mesmo lugar, a charla titúlase: Igualdade radical nunha trama de diversidade. Igrexa e liturxia. O relator é o Rvdo. Padre José Antonio Ferreiro Varela

José Antonio Ferreiro foi colaborador da parroquia de Nosa Señora das Dores de Lalín, Vicario Parroquial de San Francisco Xavier da cidade de Lugo e agora é Moderador do Equipo Sacerdotal da Milagrosa, Lugo.

Estivo no Instituto de Pastoral Litúrxica de Barcelona entre os anos 2001 e 2003.

Na súa actividade docente temos que é Profesor no Seminario Diocesano e no Instituto Teolóxico Lucense.

Membro da Comisión Diocesana de Arte Sacra. Foi Delegado de Pastoral de Voca-cións e desde o ano 2009 é o Delegado de Liturxia e dirixe o recentemente creado Lucense Eucharisticum Centrum.

Campaña contra a fame de Mans Unidas

O venres 10 de febreiro hai unha Eucaristía ás 18:30 na igrexa de San Francisco Xavier de Lugo. A continuación, será o “Café solidario” nunha cafetería próxima.

Mans Unidas de Lugo colabora no financiamento de dous proxectos en África. Un en Nixeria, de microcréditos, co que se beneficiarán unhas 2500 mulleres de comunidades agrícolas. E outro proxecto en Níxer de construción de cinco pozos no medio rural, para mellorar a vida de 7.500 persoas.

 

O 12 de febrero é a colecta nos templos da Campaña contra a Fame no Mundo. O recadado o ano pasado na Diocese de Lugo foron 32.519,50 euros.

A %d blogueros les gusta esto: