O 13 de maio no Seminario houbo unha charla do responsable de difusión da HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) Jesús Fernández-Pacheco.
A misión dos laicos, segundo Jesús Fernández, hai que vela desde 4 claves:
1) acompañar
2) propiciar unha nova maneira de entender a realidade
3) facer o posible para que as institucións se poñan ao servizo dos empobrecidos
4) dar visibilidade a experiencias alternativas que beneficien aos empobrecidos
Para que o apostolado dos laicos dea máis froito é importante a formación e decatarse da importancia da oración, de experimentar que Deus dinamiza a nosa vida.
Jesús Fernández fíxose eco en varios momentos da súa intervención ás conclusións do encontro de laicos celebrado o pasado novembro.
Ao día seguinte, houbo no Centro San Vicente de Paúl unha asemblea diocesana de laicos, na que houbo reunión por grupos (imaxe inferior, vía @alfredo_losada) e a Vixilia de Pentecoste.