A Delegación Diocesana de Misións dá a coñecer un resumo do que Ana López, misioneira laica lucense de Misioneiros Segrares Vicencianos (Misevi), realizou con outras dúas laicas durante este ano na Moskitia (Honduras):
A nosa comunidade misioneira está presente na Moskitia, ao noreste do país. A problemática social deste lugar está marcada pola pluralidade étnica e un gran illamento desta zona respecto ao resto do país. Intentamos día a día cambiar esta difícil realidade facendo fronte á problemática especifica da dispersión dos habitantes en territorios difícilmente comunicados aos que só se pode chegar navegando.
A comunidade está conformada actualmente por Idoia Magazaka e Ana López. Entre os meses de xaneiro e outubro tamén formou parte Ana Hugalde.
Fitos
Atención primaria na farmacia.
Escola de Pais e Nais en Barra Patuka e as comunidades de toda a parroquia.
Programa de Reforzo Escolar en Barra Patuka.
Redacción do Acordo de colaboración entre os tres actores fundamentais da misión en Honduras: CM SVP-España; Bispado de Trujillo; e Misevi España.
Consolidación da Pastoral Social na comunidade de Barra Patuka Misevi España.
Proxectos desenvolvidos
Escola de pais e nais
Lugar: nas 35 comunidades da Parroquia de Santa Cruz.
Duración: entre xaneiro e decembro.
Beneficiarios: 800 persoas (200 directos e 600 indirectos)
Invitación ao tema de reflexión a pais e nais das comunidades para abrir espazo de diálogo sobre as realidades familiares que comparten, conflitos, roles, trasmisión de valores, e relacións entre pais e fillos.
Atención primaria en farmacia
Lugar: Barra Patuka; e viras polas comunidades afastadas.
Duración: entre xaneiro e decembro.
Beneficiarios: 503 persoas atendidas
Desde a área de Saúde aténdese a farmacia parroquial e as comunidades que se visitan durante o ano. Facilítanse e subvencionan medicamentos básicos, realízase a proba de glicemia, e realízanse atencións sanitarias de enfermería e coidados de urxencia.
Reforzo escolar
Lugar: Barra Patuka.
Duración: entre febreiro e outubro.
Beneficiarios: 180 persoas (30 directos e 150 indirectos)
Selección do grupo de usuarios por criterios: para beneficio de bolsa de estudos e reforzo: bachareis; para beneficio de apoio con uniforme e útiles escolares e reforzo: educación primaria. Esixe unha mañá semanal de traballo como contraparte, a participación na Escola de Pais e Nais dos adultos responsables.
A todos os que participan no reforzo distribúeselles unha merienda que completa a súa alimentación. Logo da merienda se promueve a limpeza de dentes facilitándolle a cada un o seu cepillo.
Equipo de Pastoral Social
Lugar: Barra Patuka
Duración: entre xaneiro e decembro.
Beneficiarios: 78 persoas (8 directos e 70 indirectos)
Grupo de voluntarias que se organizaron para desenvolver as accións da Pastoral Social. As actividades oriéntanse á visita domiciliaria, actividades en días sinalados, venda de roupa de segunda man no roupeiro.
Acción da Pastoral Social (local)
Lugar: Barra Patuka Duración: entre xaneiro e decembro.
Beneficiarios: 350 mozos (70 directos e 280 indirectos)
Apoio en alimentación, medicamento a persoas doentes ou adultas maiores. Roupeiro: venda de roupa de segunda conseguida en donación. Os fondos destínanse en beneficio dos usuarios.
Impacto social e medio ambiental da nosa acción
Atención sanitaria primaria: acceso a medicamentos, procedementos e curas. Orientación para a saúde.
Espazo de diálogo entre pais e nais para abordar temas do seu interese: menores de idade, relacións familiares.
Co reforzo escolar creáronse hábitos mínimos. Diagnóstico inicial do nivel educativo. Aínda escolarizados debe iniciarse con pre-escritura, motricidade fina, conceptos espazo temporais, etc.
A Pastoral Social ten un traballo sistematizado e é referencia para a comunidade local.