O 7 de febreiro na Parroquia de San Francisco Xavier (Lugo), na Eucaristia das 12:30 h, tivo lugar o envío de José Luis Pérez Mudarra como misioneiro segrar a Lobito (Angola). A celebración estivo presidida por Mons. Alfonso Carrasco e tamén estaba representada a comunidade salesiana de Lugo, pois José Luis é cooperador salesiano.
Na homilía, Mons. Alfonso Carrasco indicou que un non vai á misión por gusto, senón porque é enviado e vaise no nome do Señor, que mantén viva a súa Igrexa e cuxa presenza é plena na celebración da Eucaristía. Tamén sinalou o Sr. Bispo que a misión non ten que ver con ir colonizar outros pobos, pois non se vai para impoñer un modelo occidental.