Na sección “Matices” do programa “Polo camiño da fe” (TVG, 07/07/2019), José Carlos Alonso Seoane referiuse aos 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo:
Cando os suevos ocuparon Galicia, falouse da creación do primeiro estado europeo. O catolicismo espallábase por toda a Península e en Lugo naceu a adoración permanente ao Santísimo Sacramento, 24 horas, 365 días. Para iluminalo con candeas día e noite solicítase ao Antigo Reino de Galicia unha pequena axuda económica. Este accede no 1669. Acordouse tamén que se celebrase unha Misa con procesión e foi incorporándose, en gratitude, unha ofrenda litúrxica levada a cabo cada ano por un representante dunha das 7 capitais do Antigo Reino galego. Están a cumprirse os 350 anos desa Ofrenda. Ademais do milagre eucarístico do Cebreiro, a bandeira galega amosa as 7 cruces, unha por cidade, unidas en torno ao divino misterio eucarístico.
A sección “Matices” que aquí se acaba de transcribir forma parte do programa da Televisión de Galicia Polo camiño da fe, que na súa última edición trata sobre a Ofrenda de Galicia ao Santísimo. Para falar sobre a cuestión entrevístase ao historiador da arte Marcos Calles e ao xornalista Xulio Xiz. Ámbolos dous teñen amplos coñecementos sobre o tema e de feito Marcos Calles é o asesor histórico da exposición itinerante “350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo” e Xulio Xiz é o director da devandita exposición.
Desde aquí o agradecemento e recoñecemento a Marcos Calles e Xulio Xiz pola súa permanente disposición a colaborar desinteresada e eficazmente coa Diocese lucense e a invitación a ver o programa televisivo no seguinte enlace: