Na XXIVª Semana de formación permanente dos cregos de Galicia (12-14 de setembro) participou Jesús Higueras, Misioneiro da Misericordia: “A experiencia como Misioneiro da Misericordia foi sorprendente, pois non me imaxinaba que fose tanta a xente que acudise este ano a reconciliarse con Deus a través deste sacramento. Moita xente tiña medo pero o Papa Francisco mostra moi amablemente que as portas do corazón de Deus están abertas a todos. En moitas parroquias multiplicouse o número de persoas que comprenderon que o amor de Deus é para todos, e reconciláronse con Deus. Foi unha experiencia moi positiva, oxalá que se repetise moitas veces”.
Tamén se referiu Jesús Higueras ao papel do sacerdote no mundo actual:
“Nunha sociedade que carece de sentido, desestruturada, cunha humanidade rota, ferida, a figura do sacerdote que fai unha oferta da garantía do amor de Deus é máis necesaria que nunca. Os sacerdotes somos moi necesarios porque desde a gratuidade da entrega da nosa vida seguimos mostrando ao mundo que o amor de Deus é para todos. Nas súas debilidades, nos seus fracasos, todos son amados de Deus. Isto pode facelo o segrar, pero o sacerdote faino a través dos sacramentos da Eucaristía e da reconciliación, a través da comunidade parroquial, en comuñón con irmáns… Polo tanto o sacerdote é unha riqueza para a humanidade, e por suposto para o Pobo de Deus”.