O xoves 2 xuño ás 18:30 h na Capela do Bo Xesús da S. I. Catedral Basílica houbo unha conferencia titulada “Sacramentum Caritatis: os dous altares” a cargo do liturxista Jaume González Padrós, que se baseou na encíclica de San Xoán Paulo II Ecclesia de Eucharistia e o punto de partida foi a seguinte idea: A Igrexa sen Eucaristia morre, porque sería unha Igrexa sen o Señor.
Jaume González matizou a frase “ao comungar recibimos a Xesucristo” por esquecer tal frase o aspecto trinitario da Eucaristía: no pan eucarístico, grazas ao Espírito Santo recibimos a Xesús, que nos pon e. comuñón co Pai.
Os cristiáns vivimos en tensión como a corda dun arco: por unha parte estamos agarrados ao ceo e por outra á caridade; se a corda non está abondo tensa, a nosa vida non está como debe. De feito, o amor sen liturxia pode converterse en prepotencia ideolóxica.
Jaume González recalcou que é para sentirse impresionado polo feito de que a Igrexa é unha familia da que forman parte Santa Teresa de Jesús, San Juan de la Cruz (de quen citou os versos Aquesta eterna fonte está escondida en este vivo pan por darnos vida, aunque es de noche)… Algo así non pode acabar mal.