Intervencións iniciais no I Encontro Eucarístico Lucense

O Director do Centro Eucarístico Lucense, José Antonio Ferreiro, presentou o mencionado Centro, recentemente creado, e o Encontro sobre a Eucaristía. Na súa intervención dixo que  en Lugo a imaxe do Santísimo está moi presente, entre outras cousas porque camiñando polas rúas da cidade atopámonos en elementos do mobiliario urbano ou uniformes co escudo da cidade. E nel figuran o cáliz e a sagrada forma. Tamén sinalou que a revitalización da fe cristiá pasa pola revitalización da importancia da Eucaristía.

O Bispo de Ratisbona, Gerhard Ludwig Müller, encargado de abrir o I Encontro Eucarístico Lucense, expuxo o cambio na liturxia nos últimos decenios. E contouno desde a súa propia experiencia, a través de episodios da súa vida. Resumiu en que consiste a liturxia católica: “nunha adoración razoable de Deus que é espírito e verdade e cuxo Logos asumiu a nosa carne para que, no Espírito e por Cristo, poidamos dicir a Deus Abba, Pai e experimentar a liberdade e a gloria dos fillos de Deus”.

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: